Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


03/02/2010

Isolacionistas pral SUR,
pero Reintegracionistas pral ESTE

¡¡¡NUN podo creer que, despós de ller a Ferrín, temos repetindo este post del 01/06/2006!!!

PERO.. é lo que hai...


[copy & paste del 01/06/2006]

El presidente da RAG (Real Academia Galega), Xosé Ramón Barreiro, anunciou qu'a Academia acudirá al Parlamento Gallego pra pedir que s'incorpore al novo Estatuto d'Autonomía el reconocemento da RAG «como autoridá ÚNICA e INDEPENDENTE en todas as cuestiois de norma llingüística», así como que se ye dote dus recursos recoyidos nos presupostos públicos.

[....del grego "hypokrisis"]


 

A Academia pide que se estableza o deber de coñecer a lingua galega

O seu presidente anunciou que presentará todas as súas propostas no Parlamento

Sada acolleu onte a sesión extraordinaria na que se rendeu homenaxe a Manuel Lugrís Freire.

E. Silveira | a coruña

A Real Academia Galega conmemorou onte no Museo Carlos Maside do Castro de Samoedo, no concello coruñés de Sada, dúas datas. Por unha banda, rendeuse homenaxe no Día das Letras Galegas ao escritor e galeguista Manuel Lugrís Freire; e por outra, celebrouse o centenario desta institución académica. Durante o transcurso da sesión extraordinaria, o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, anunciou que a Academia acudirá ao Parlamento para «manifestar con detalle cal é a súa perspectiva» sobre a situación da lingua.

Adiantou que solicitarán que se outorgue ao galego «unha oficialidade plena e sen reservas que inclúa o deber de coñecelo e que o blinde contra toda minusvalía ou menoridade neste mundo xa globalizado». Tamén asegurou que a institución pedirá que se incorpore ao Estatuto o recoñecemento da RAG «como autoridade única e independente en todas as cuestións de norma lingüística», así como que se lle dote duns recursos recollidos nos orzamentos públicos.

No manifesto que leu Barreiro, a Real Academia Galega deixa claro que é necesario un «pacto pola lingua, impulsado directamente polo presidente da Xunta» e que hai que aproveitar a elaboración do novo Estatuto para «corrixir as lagoas que ten o actual e que imposibilitan unha plena normalización, dado que a ausencia do deber de coñecelo premia a rutina que arrastramos dunha situación preconstitucional que era abertamente hostil á lingua galega». Neste eido, Xosé Ramón Barreiro fixo unha chamada fervorosa ás nais para que eduquen en lingua galega aos nenos, «e lles digan esas palabras que sempre quedarán no seu corazón», contribuíndo a intensificar a transmisión familiar.

Os académicos Xosé Luís Axeitos, Xosé Neira Vilas e Xesús Ferro Ruibal fixeron cadansúas semblanzas de Manuel Lugrís. O primeiro salientou o compromiso político do escritor sadense máis que a súa calidade literaria; o segundo, a faceta máis reivindicativa do homenaxeado dende a emigración, e Ferro definiu a Lugrís como un «pai da patria» que puxo todos os seus esforzos en dignificar a lingua.

Ao remate da sesión extraordinaria, os asistentes puxéronse en pé para cantar o himno galego. Entre eles había numerosos persoeiros vencellados á vida política, cultural e social galega, como o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu; a de Cultura, Ánxela Bugallo; o delegado do Goberno, Xosé Ameijeiras, ou mesmo o impulsor do Museo Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo

La Voz de Galicia,18/05/2006

http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4780644


 

Manifesto da Real Academia

[17/05/2006 16:07] Texto do manifesto da Real Academia Galega lido durante o acto de celebración do Día das Letras, no Museo Carlos Maside de Sada, polo seu presidente, o historiador Xosé Ramón Barreiro.

A Real Academia Galega, que iniciou o seu proceso de constitución nos últimos anos do século XIX e que o consolidou formalmente en 1906 grazas ao apoio fundamental da colectividade galega da Habana, quere celebrar con todo o pobo galego os xen anos da súa existencia. Son moi poucas as entidades sen fin de lucro que duran cen anos e mesmo entre as institucións galegas é unha das máis duradoiras, se non é a que máis anos ten de existencia. Esta Academia quere celebrar este centenario especialmente con todas as persoas, de todas as idades, que teñen a lingua galega como lingua habitual de comunicación e como lingua de identidade familiar e profesional.

Compartimos con todos os falantes e con todos os que aspiran a selo o desexo de que esta lingua milenaria acade as segundas mil primaveras que por todos nós soñou Álvaro Cunqueiro. Pero ese soño non nos vai vir á man: hai que conquistalo coa vontade de todos e para iso haille que dar á lingua as marabillosas ferramentas do mundo actual e blindala tamén contra os novos perigos que a cercan.

O primeiro é intensificar a transmisión familiar, berce das emocións, das actitudes e do pensamento.

O segundo é continuar na execución do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia. A RAG suxire que na planificación do ano 2007 o Goberno priorice as seguintes medidas, todas elas contidas no devandito Plan:

Pacto pola lingua, impulsado directamente polo Presidente da Xunta

Posta en marcha da oferta positiva e da oferta informativa e que afectaría todos os funcionarios de todas as administracións e a todo o sector de notarías e xestorías.

Establecer que os actos xurídicos documentados e as relacións xurídicas e notariais da administración, que se refiran a actividades de ámbito galego, se redactarán normalmente en lingua galega

Establecer que todas as axudas públicas, de calquera tipo, deberán producir un aumento efectivo da presenza do galego na entidade receptora e avaliar o cumprimento

Posta en marcha de todas as medidas que teñen que ver coas novas tecnoloxías da lingua e coa terminoloxía.

O terceiro é aproveitar a elaboración do novo Estatuto de Autonomía para corrixir as lagoas que ten o actual e que imposibilitan unha plena normalización, dado que a ausencia do deber de coñecelo premia a rutina que arrastramos dunha situación preconstitucional que era abertamente hostil á lingua galega dende bastantes centos de anos.

Aínda que a Academia acudirá proximamente ao Parlamento de Galicia a manifestar con detalle cal é a súa perspectiva, quere aproveitar este momento solemne para dicir publicamente que:

pedirá que o lexislador outorgue á lingua galega unha oficialidade plena e sen reservas que inclúa o deber de coñecela e que a blinde contra toda minusvalía ou minoridade neste mundo xa globalizado;

pedirá que se incorpore ao Estatuto o recoñecemento, de que xa goza a RAG, como autoridade única e independente, en todas as cuestións de norma lingüística

pedirá que se dote esta institución dos recursos materiais, económicos e humanos que lle permitan realizar a súa función sen ningún boato, pero tamén sen penuria ningunha e que iso se recolla anualmente nos orzamentos públicos.

A RAG felicita o goberno galego e todas as outras institucións públicas e privadas que apoian cos máis variados proxectos e actividades o proceso de facer da lingua galega unha lingua viva no mundo educativo, científico, económico, laboral, mediático, sanitario, relixiosos, social, asociativo e a cantos no exterior físico de Galicia manteñen ese noso sinal de identidade. Son incontables, endebén, as iniciativas oficiais e privadas e todas elas dan corpo á nosa máis nobre angueira.

Mil primaveras máis para a lingua galega!

VIEIROS, 17/05/2006

http://www.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=5&id=50011


 

O SEU PRESIDENTE, XOSÉ MANUEL BARREIRO, RECLAMA NO DÍA DAS LETRAS A IMPOSICIÓN DO USO DO IDIOMA NAS RELACIÓNS XURÍDICAS E NOTARIAIS

A RAG esixe que o novo Estatuto inclúa o "deber" de coñecer a lingua galega

A Academia pedirá no Parlamento que se corrixan as "lagoas" do actual texto que "imposibilitan unha plena normalización".

Axencias / sada

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, reclamou onte, no seu discurso do acto institucional no Día das Letras Galegas, que o novo Estatuto de Autonomía de Galicia "otorgue a língua galega unha oficialidade plena e sen reservas que inclúa o deber de coñecela e que a blinde contra toda minoridade ou minusvalía nun mundo globalizado".

O Auditorio Museo Carlos Maside, en Sada (A Coruña) acolleu a sesión plenaria extraordinaria e pública coa que a Academia conmemorou a data adicada á literatura e lingua galega, instaurada en 1963. A sesión tivo como protagonista a Manuel Lugrís, persoeiro ao que se rinde homenaxe este ano. Ao acto, acudiron diversos representantes do mundo da política, entre eles, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e outros membros do Goberno galego, como a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo e o da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, así como a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e persoeiros do mundo da cultura e doutros ámbitos sociais.

Na súa intervención, Barreiro avanzou que a RAG pedirá, na súa comparecencia no Parlamento de Galicia sobre o debate do Estatuto de Autonomía, que se corrixan as "lagoas" do actual texto que "imposibilitan unha plena normalización", apuntou. Así, sinalou que "a ausencia do deber de coñecer o galego premia a rutina que arrastramos dunha situación preconstitucional que era abertamente hostil á lingua galega dende fai bastantes centos de anos".

Tamén manifestou que pedirá que se incorpore ao Estatuto o recoñecemento do que xa goza a RAG "como autoridade única e independente en todas as cuestións de norma lingüística". Asemade, demandará que se dote a esta institución de recursos materiais, económicos e humanos para poder realizar a súa función.

Ademais, suxeriu que na planificación do 2007 o Executivo galego debe priorizar medidas contidas no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) como o Pacto pola Lingua, "impulsado directamente polo presidente da Xunta", precisou.

O presidente da RAG esixiu que os actos xurídicos documentados e as relacións xurídicas e notariais da Administración que se refiran a actividades de ámbito galego se redacten normalmente en lingua galega e que as axudas públicas produzcan "un aumento efectivo da presencia do galego na entidade receptora", así como que se avalie o cumprimento do mesmo.

Por último, solicitou que se aproveiten as novas tecnoloxías para darlle pulo ao galego e a posta en marcha da "oferta positiva e informativa", que afectaría aos funcionarios de todas as administracións, notarías e xestorías.

E fixo unha chamada ás nais galegas para que sexan partícipes da "intensificación da transmisión familiar, cuna das emocións, das actitudes e dos pensamentos".

Semblanza

No acto da RAG interviron tamén os académicos Xosé Luis Axeitos, Xosé Neira Vilas e Xesús Ferro Rubial, que fixeron unha semblanza do homenaxeado este ano. Xosé Luis Axeitos asegurou que a elección de Lugrís tivo que ver máis co seu "compromiso social e político" que coa calidade literaria da súa obra. Cualificou tamén a súa vida e a súa obra como "unha entrega total a prol das reivindicacións de Galicia" .

Pola súa banda, Neira Vilas o definiu como "un fervoroso defensor" do galego e engadiu, en referencia a súa etapa na emigración, que "converteu a saudade en enerxía creadora".

Faro de Vigo, 18/05/2006

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=64310&pIdSeccion=8&pNumEjemplar=2632&pFechaEjemplar=2006-05-18%2000:00:00


 

Associaçom Galega da Língua (AGAL)

Umha associaçom sem ánimo lucrativo, legalmente constituída em 1981, que visa a plena normalizaçom do Galego-Português da Galiza e a sua reintegraçom no ámbito lingüístico a que historicamente pertence: o galego-luso-brasileiro.

O Galego-Português, na Galiza denominado Galego e internacionalmente conhecido como Português, é a língua própria de Galiza, Portugal e Brasil, sendo também língua oficial em Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor Lorosae..., comunidade lingüística internacional conhecida como Lusofonia (também Galegofonia ou Galego-Lusofonia).

http://www.agal-gz.org

 


Associaçom Galega da Língua

(http://www.agal-gz.org)

Academia Brasileira de Letras

(http://www.academia.org.br)

Academia das Ciências de Lisboa

(http://www.acad-ciencias.pt)

Associação Portuguesa de Linguística

(http://www.apl.org.pt/)

Comunidades dos Países de Língua Portuguesa

(http://www.cplp.org/home.asp)

Instituto Internacional da Língua Portuguesa

(http://www.iilp-cplp.cv)


Por: FdN | Documentación | Comentarios (1) | Referencias (0)
Llido: 58 veces

17/12/2008

Introdución Á NOSA CULTURA

A nosa culturaEl Conceyo d’El Franco ten aberto (hasta el 19 de decembre de 2008) el prazo pr'apuntase a un interesante curso sobre A NOSA CULTURA.

Curso de 50 horas, das que 30 van ser sobre A NOSA FALA, y as 20 restantes de sociollingüística, mitoloxía, frora, fauna y a nosa lliteratura.

El curso de 25 prazas presentarase el 23 de decembre, y empeza pral prósimu día 8 de xeneiro y será os martes y xoves de 5 a 8 da tarde nel Centro d’Empresas de Novales n'A Caridá.

Iscripciois (hasta el 19 de decembre ):
Tlf: 985.478.737 (Teresa)
EMAIL: adl (arroba) elfranco (punto) net



ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (7) | Referencias (0)
Llido: 364 veces

03/10/2008

Sin oficialidá nun hai Estatuto que valia

Sin oficialidá nun hai Estatuto que valia

MANIFESTACIÓN POLA OFICIALIDÁ

sábado 4 d’outubre as 18:00 horas

ESTACIÓN DEL NORTE - UVIÉU



ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 256 veces

17/06/2008

Ganadora da segunda fase del concurso

Perseguíanla as ideas, y hasta que nun las pasaba al papel nun ye daban acougo. Con algúas resistíase muito; nun ye parecían dignas d'emborronar úa plana. Pero ben sabía ella qu'al final, anque nun fose más que núa esquina de periódico ou núa serviyeta de bar, iba verse obrigada a deixar qu'aquellas hestorias saltasen da cabeza á pluma.

El caso era qu'agora taba obsesionándola a idea de que la perseguían as ideas, y hasta que nun yes daba úa vida de papel nun la deixaban en paz.

Sentouse y púxose a escribir.... mui acertadamente, pos como ben sabía a segunda parte del concurso, trátase d'un pedacín del llibro:

El Franco y su concejo

¡¡ FELICIDADES !!, y anque xugache en casa, xa che mandamos el premio por email en pasando us días ;-)



ller más...

Por: FdN | Documentación | Comentarios (2) | Referencias (0)
Llido: 335 veces

03/06/2008

Vamos vernos as caras

Miles de personas dan a cara pola oficialidá. ¿Vai faltar a túa?


Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, EU dou a cara pola OFICIALIDÁ
Na reforma del Estatutu, da tu tamén a cara pola OFICIALIDÁ

Da a cara pola Oficialidá

  1. Descarga un d’estos "eu dou a cara pola oficialidáPDF | JPEG
  2. Imprímilo.
  3. Acuriosate (¡si podes!)
  4. Saca úa foto de medio corpo unde se vexa ben el testo da campaña "eu dou a cara pola oficialidá ".
  5. Mánda as túas fotos a  doilacara  [@]  gmail.com

 

TODAS as fotos tan en: http://www.flickr.com/photos/doilacara/

A campaña pode seguise en: http://www.doilacara.net

D'esta, ¡¡vamos vernos as caras!!



ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 615 veces

30/05/2008

Felicidades con retraso

Estas cousas pasaban na nosa terra en 1787:

alló pol 11/10/1787


ller más...

Por: FdN | Increible pero Certo | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 333 veces

28/05/2008

Ganador da primeira fase del concurso

Condo xa empezaba a ceganos a noite da desesperanza y el fracaso, allúmanos a sabiduría y cultura d'un llector que acerta de pleno a primeira parte del noso concurso.

Impresionante y gratificante al mesmo tempo, y muito más si pensamos que'l acertante tuvo vagar de perder us minutos pra ller este humilde blog, y qu'incluso tuvo a ben erguer os sous certeros didos das llagas qu'atoupa diariamente pra darnos a resposta correta.

Todo un pracer y honor, que nos compromete a seguir el tratamento musical qu'aveza poñernos.

¡¡ FELICIDADES !!, y xa che mandamos el premio por email en pasando us días ;-)

Efectivamente, trátase del artículo "Dialecto asturiano" de "Gumersindo Laverde y Ruiz" publicado en 1862 nel "TOMO V" da "Revista Ibérica de ciencias, política, literatura, artes e instrucción pública"

 

Revista Ibérica de ciencias, política, literatura, artes e instrucción pública

 

 

 

RECORDATORIO: a segunda parte del concurso, sigue aberta

 



ller más...

Por: FdN | Documentación | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 304 veces

20/05/2008

Psicofonías d'ectoplasma

 

Puderon ouguirse estas noites pasadas, salindo por furaos y ragandixas del fondo das covas mas estretas que tan nos montes más zarraos del "más alló" y sempre envoltas en un cheiror insoportable, claras psicofonías d'ectoplasma chamando a úa nova "GUERRA SANTA".

úa psicofonía d'ectoplasma pañada mentras cruzaba a Ría del Eo

Anque a mayoria xa tíamos esqueicidos estos fenomenos paranormales, el recordo da súa periodicidá y marcado carater cíclico, llevonos a consultar col noso ghostbuster de cabecera en busca d'un dianostico científico qu'esplique el motivo que lleva a estás estrañas criaturas, cada certo tempo y sin esplicación ningúa, a tirarse en plancha y espetarse úa y outra vez contra este particular "Krak dos Caballeros" asturiano nel que temos convertido a nosa terra nos últimos milenios.

Según os espertos consultaos el desencadenante d'estos poltergeist pode ter duas causas, non escluyentes:

1/ A calentura natural que yes va entrando a estas critauras del "más alló" según s'achegan as súas elecciois, que ven a ser lo que nel mundo natural corporio chamamos "época o periodo de celo".

Parez ser, dicen os entendidos, qu'as dificultades pra esplicar os estraños compañeiros de cama (contranatura), os raquíticos resultaos nestos tres anos de "relación formal", y certos delirios de grandeza que parecen tar sustentaos nun complexo de Brunilda xeneralizao, empuxa a os escitados dirixentes del "más alló" a usar as conocidas tecnicas da prosopopeya con estas estrañas criaturas pra anunciar a bombo y platillo a aparición de'espectaculares teleplástias nos sous mapas qu'avezan a usar pral cortexo nupcial, condo en realidá nun se trata más que de paraeidolias de facil tratamento médico.

2/ D'outra parte, a necesidá de autoconvecese da súa propia esistencía, obliga a muitas d'estas criaturas del "más alló" al desdoblamento astral, incluso en grados estremos de necesidá poden chegar directamente á fenómenos de billocalización.

Nestas circustancias estremas que comentamos, cúa necesidá imperiosa de cariño, reconocemento y protagonismo del que carecen, tense dado casos que criaturas que vagan sin rumbo por burocráticas istituciois al rabo d'administracióis públicas y al servicio del goberno títere de turno, cheguen a arrenegar da súa llinia istitucional, esqueicer todo el sóu trabayo feito y incluso a desdecirse das súas declaraciois públicas pra calecer al llao de "milhões de pessoas no mundo" intentando atoupar ente tantos "millóis y millóis" algúa outra criatura errática, cúa qu'esquivar a estinción y evitar pasar á siguente fase del sou transito vital, tal y como yes aconteceú tempo atrás a os nubreiros, trasnos, encantadas....

Igual que nel caso anterior, un tratamento médico adecuado seguindo el protocolo avezao pra casos de trastornos d'identidá disociativo suel dar un bon pronóstico.



ller más...

Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 1019 veces

09/05/2008

hoi .... PECHAMOS

¡¡ OFICIALIDÁ !!



ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 295 veces

07/05/2008

é túa, é vosa, é NOSA

A nosa fala, LLINGUA OFICIAL !!!


Pd.: Si daquén quer que lo llevemos ..... saldremos sobre ás 16:00 (más o menos), pero AVISAMOS qu'a hora de chegada a casa é totalmente impredecible, xa sabedes qu'os camíos del Señor son inescrutables  ;-)




ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (1) | Referencias (0)
Llido: 326 veces

06/05/2008

Tamén nel 1898

Despós del estrepitoso fracaso del noso concurso, seguimos aneciando cúa segunda parte MUITO más facil qu'anterior. Neste caso, el testo recien escaniao é de 1898:

llectura recomendada nel ano 1898

 

¿de quén é a cita y únde ta publicada?



ller más...

Por: FdN | Documentación | Comentarios (1) | Referencias (2)
Llido: 419 veces

30/04/2008

Dios nos llibre dos ****** resucitaos

¡¡ SI !!
¡¡ É certo !!

Somos probes, tamos en decadencia, nun nos queremos, somos grandonos y un pelín babayos (y algúa qu'outra cousa más) .... pero a nosa palabra ten valor, y a nosa firma é úa grantia.

Ben padecemos nesta terra a os "nosos" patéticos gobernantes que tan fundindo, ano tras ano, el noso país, desfendo postos de trabayo, empresas, cultura y identidá.

Ben soportamos as restriccióis europeas a os nosos pilares económicos.

Ben sufrimos úa sociedá apigazada, sin pulso, nin iniciativa.

Ben aguantamos os inxustos repartos dos gobernos estatales, y as babayadas anti-solidarias d'algús promotores da llei del embudo autonómico.

Pero a pesar de todo, reconocendo os feitos y a descorazonadora situación na que nos atoupamos, AQUÍ tamos lluitando contra vento y marea por a nosa supervivencia como pueblo, y a pesar das presióis colonizadores tovía nun entró nel noso vocabulario a palabra RENDICIÓN.


Pero lo que resulta insoportablemente humillante, y el títere goberno asturiano nun poder fer "nel noso nome", é permitir que nos ningunén dende fora polla súa incompetencia. Toda úa caterma dos nosos politicuchos de festa en Santiago y nun foron quenes a impoñer un protocolo mínimo de "búa educación y saber tar" diplomacia y compromiso nas súas reunióis (seguramente col baduyo chen, esqueicéronlo).

NUN pode ser qu'as conclusiois firmadas da GRAN "CUMIA" ASTUR-GALLEGA del 19/04/2008 foran:

"... Os Gobernos del Principado d'Asturias y da Xunta de Galicia compartimos, y espresamos a nosa vonluntá de defender, puntos esenciales de coincidencia ante a reforma del modelo de financiación autonómico...."

y a os poucos días (26/04/2008) haiga que ller del puño y lletra del VICEPRESIDENTE gallego:

"... xuntar con Asturias ...... non sería unha boa estrategia porque Galiza non é pobre..."
 

Si nun son quienes a pactar úa mínima diplomacia y compromiso, si nun poden manter a palabra dada úa sóla semana, si Touriño nun e quen a poñer orden na súa propia casa, .... é muito miyor suspender estos encontros hasta novo aviso. Nun ten sentido nin é serio, firmar úa cousa y fella estoupar úa semana despós.

Que coste que nun temos nada que dicir da postura política del BNG: qu'ellos son ricos, nosoutros probes y que cada un se busque a vida pol sóu llao.... é úa posición llexítima, defendible y respetable, lo que nun é de recibo e dinamitar as concluióis pactadas na gran "CUMIA" a os pucos días de redactarse, sendo el dinamiteiro oficial el VICEPRESIDENTE DEL GOBERNO GALLEGO (nin más nin menos).

Pra este respeto y compromiso pra cuas conclusióis finales, e miyor qu'a "CUMIA" gallega, y a "CUMIA" asturiana nun se volvan axuntar.

D'outra parte préstanos pol alma que Galicia sía úa comunidad rica, próspera y avanzada, y nun quera saber de nada dos sous miserables vecíos, y pollo tanto nun volva a merterse nos nosos axuntos "de probes".

Xa lo diz ben el título d'este post.

ingreso medio familiar
mapa PIB
PIB
tasa de paro


ller más...

Por: FdN | Increible pero Certo | Comentarios (4) | Referencias (0)
Llido: 621 veces

15/04/2008

Alló pol ano 1862...

... podían llerse estas cousas nas publicacióis especializadas:

 

llectura recomendada nel ano 1862

 

Como temos dito, esto salíu nel ano 1862 en ..... ¡muito miyor! ¿femos un concurso?: ¿de quén é a cita y únde ta publicada?



ller más...

Por: FdN | Documentación | Comentarios (3) | Referencias (2)
Llido: 629 veces

09/04/2008

I Congreso d'escritores na nosa fala

Ta preparandose pra finales del mes de xunio n'A Veiga el "I CONGRESO D'ESCRITORES NA NOSA FALA" que tará coordinao por Aurora García Rivas. Al tempo presentarase a revista lliteraria TRABATEL coordinada por Xosé Miguel Suárez, dedicada al estudio, analis, y divulgación das nosas lletras.



ller más...

Por: FdN | Documentación | Comentarios (1) | Referencias (0)
Llido: 448 veces

03/04/2008

Entrega del XVII Premio Xeira

El sábado 12 d’abril, ás 20:00 horas, nel Salón d’Actos da Casa da Cultura de Grandas de Salime vaise fer el acto d’entrega del Premio Xeira de narracióis curtias, que na edición XVII foi prá escritora xixonesa Marisa López Diz pol sou relato «A fiya del xastre». A súa vinculación familiar con Grandas de Salime llevóu a Xeira a pensar na capital grandalesa como escenario prá entrega del premio.

As actividades van empezar antias del propio acto lliterario, con úa visita ás 16:45 horas al castro y aula didáctica del Chao Samartín, nel llugar de Castro. A entrega del premio vai cuntar, ademáis de cuas intervencióis da premiada, del presidente de Xeira y das autoridades presentes, con dúas actuacióis musicales. Os primeiros en subir al escenario van ser os rapaces de Mezá, el sesteto folk de Bual que xa tocóu nel Auditorio da Caridá na edición anterior del premio y que tan bon sabor de boca deixóu.

Vai poñer el ramo á xornada el dúo Mestura, formao pol guitarrista Luis Suárez y a premiada, a cantante Marisa López Diz. Este dúo, con dous discos nel mercao, preparóu un reportorio especial pral acto escoyendo temas cantaos na nosa fala.

..... A entrada, como sempre, ta aberta a todo el público.



ller más...

Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 317 veces