Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


27/02/2003

¿galegofalantes? ¿d'Asturias? alertan da perdida del ¿galego?

Os ¿¿¿representantes??? d'Asturias y Leon piden ....

Os galegofalantes de Asturias e León alertan da perda do idioma

Reclaman á Xunta unha secretaría xeral específica


Representantes das comunidades de galegofalantes de Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León) e A Portela (Zamora) demandaron á Xunta unha Secretaría Xeral de Política Lingüística específica para o galego de fóra da Galicia administrativa, que eles denominan estremeiro. Na súa participación nunha mesa de traballo sobre o galego estremeiro nos Encontros de Normalización Lingüística, celebrados esta semana no Consello da Cultura Galega, Carlos Xesús Varela Aenlle, da comarca Eo-Navia; Hector Silveiro, membro da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo; e Anxo Lubián, alcalde do municipio zamorano de Lubián, demandaron un «maior respaldo e recoñecemento» das institucións galegas.

Xeracións novas

Un apoio que consideraron necesario para loitar contra a «alarmante» perda de falantes entre as xeracións máis novas. Unha situación que, sobre todo, é «dramática» na zona do Bierzo, segundo tamén alertou o lingüista galego Francisco Fernández Rei, que suscribiu a necesidade dunha Secretaría Xeral de Política Lingüística específica para o tratamento do galego estremeiro.

Os representantes destas comunidades estremeiras de galegofalantes lembraron que, tal e como recolle a Lei de Normalización Lingüística, a Xunta está obrigada a «protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma en colaboración cos seus respectivos gobernos».

Por estes motivos, demandaron convenios de colaboración entre a Xunta e os Gobernos respectivos de Asturias e Castilla y León para conseguir cursos de galego para os adultos


La Voa de Galicia, 21/10/2002
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1284646

Por: FdN | Objective: Burma! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 269 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009