28/02/2003
É el titulo da novela de Xosé Luís Méndez Ferrín, usada por os galleguistas pra referirse a nosoutros.
«Arraianos», unha das mellores obras de Méndez Ferrín
Foi un dos libros máis recoñecidos nos anos noventa durante os que acadou o recoñecemento da Crítica tanto galega como española. Os críticos falan dunhas páxinas «estremecedoras e vibrantes». O escritor renovou o seu apoio ós falantes das zonas limítrofes de Galicia no «xantar de Cacabelos»
Entrevista ó autor
«A vida na aldea era moi represiva»»
Desde hai uns vinte anos Ferrín vén participando activamente en xeiras sobre a lingua e cultura galegas de alén da fronteira administrativa oriental de Galicia. Os colectivos galeguistas da terra Eo-Navia, en Asturias, do Bierzo Occidental e As Portelas, en Castela-León, contaron sempre co activo compromiso deste arraiano a vesar sempre nos lindeiros da galeguidade.
Na estrema da pedra ou da forza, tanto en Vilafranca coma en Grandas, con choiva a cachón ou neve ata o xeonllo, Ferrín amosou sempre a súa fraternidade cos falantes da nosa lingua ós que lles negan aínda hoxe a identidade. Arraianos como Sarmiento, Cotarelo, Penzol, Mediante, Lajas e tantos outros, desde Tapia a Hermisende ou desde Castropol ás Ellas pasando por Lubián. Ferrín sempre estivo coa identidade negada, fóra e dentro de Galicia. Con nosoutros.
No limiar das actas dun congreso sobre a lingua e a cultura galegas das comarcas estremeiras, organizado en Celanova en 1989 polo Clube Cultural Adiante, definía esta raia como «unha franxa que desce desde a Serra do Rañadoiro a morrer no Penedo dos Tres Reinos e que, maiormente, confóndese con toda Galicia pola lingua e a cultura tradicional». Arraianos de dentro e arraianos de fóra. Depende.
Palabras no Bierzo
O pasado 18 de maio, día glorioso en que a RAG recobrou institucionalmente o Bierzo, nun xantar en Cacabelos e perante galegofalantes arraianos de tódalas fronteiras (cos amigos de Cáceres na memoria e no corazón), Ferrín pronunciou un discurso identitarista no que describía simbolicamente tres eixos de resistencia dos nosos arraianos do leste: o oso que inza na devesa de Moelos e percorre gardián a nosa fronteira toda; o botelo que caracteriza gastronomicamente todo o noso leste; e os plurais en ¿ois que identifican todo o galego oriental. Así falou Ferrín perante nós e nosoutros, arraianos todos, falounos da defensa da nosa identidade coa forza das nosas razois e a unidade dos nosos corazois, «e de todas as verbas que con elas rimen».
[XOSÉ HENRIQUE COSTAS é profesor de Lingua Galega en Vigo]
La Voz de Galicia, 05/06/2002
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1111476
Biblioteca Galega
«A vida na aldea era moi represiva»
Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor
«Nunca se escribiu sobre o trasmundo rural»
Haberá poucos escritores con máis influencia na cultura dun país que a de Méndez Ferrín na galega. Quizais polo peso das obras que foron marcando épocas: «Con pólvora e magnolias» ou «Estirpe» en poesía, «Amor de Artur» ou «Arraianos» en narrativa. Tamén pola súa man no teatral «Celtas sen filtro» ou pola interpretación da poesía galega en «De Pondal a Novoneira». Biografía literaria ligada vitalmente a unha biografía política de resistencia e dunha militancia para que hai que esquivar a lingua de ferrete da palabra compromiso. A dicir dos que estudian, Méndez Ferrín é un escritor cun idioma e cunha patria vigorosamente unidas.
XURXO LOBATO
¿¿Cal é a perspectiva que ten hoxe sobre Arraianos ?
¿A min paréceme que é un dos libros meus que ten unha mellor acollida entre o público lector. É curioso. Tal vez porque lle representara unha sorpresa dentro da miña obra, unha sorpresa porque este é un libro fundamentalmente rural. Non había moita literatura relacionada coa aldea tradicional galega, e este si o era. Foi un libro que tivo moita repercusión, traducido a varias linguas, tamén moi reeditado. A verdade é que non podo dicir por que.
¿E literariamente ¿cal era a súa intención inicial?
¿Era escribir un libro centrado na Raia, a través de varias épocas históricas, e falo da Raia mesmo cando non existía. Utilizando a Raia Seca e tendo como centro referencial de todos os contos un monte que se chama Penagache. Hai contos que están ambientados na época de San Rosendo, outros no século XIX, na guerra civil, pero todos no mesmo sitio.
¿¿E por que ese lugar?
-¿Porque é o meu. Porque Celanova pertence a esa zona e porque os meus antepasados traficaban a través desa fronteira. Home, traficaban en zocos, en zapatos, en feiras. Castro Leboreiro é unha aldea na que eu aínda vin baixar ós carboeiros para vender no mercado do Celanova. Para nós, a fronteira era algo que viamos todos os días. Diciamos está alí o Penagache, alí está Portugal.
¿Nos relatos de Arraianos , os personaxes padecen unha presión grandísima do entorno.
¿A vida na aldea tradicional galega era moi represiva. O individuo na aldea era moi pouco libre. Marcuse, autor tan influínte hai anos e que volve a selo agora, afortunadamente, explicaba en O home unidimensional , a presión que recibía o home na sociedade da información moderna. Eu creo que tiña na razón pero moito máis unidimensional era o home na aldea que o da sociedade da información, non na galega, en calquera aldea, en todas partes, aquí ou en África, aínda que non coñezo moito das aldeas de alá. O home está sometido a unha terrible opresión social. Aí vén a institución da cormentada ou da pulpada, cando un individuo se comporta fóra da normalidade, é condenado pola sociedade á excomunión.
[CAMILO FRANCO (VILAGARCÍA)]
La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/biblioteca120/noticia.jsp?TEXTO=1111424
Arraianos é un libro que ten unha xeografía que cadra en parte polas terras fronteirizas de Calvos de Randín e tamén polas de Tourei, no lado portugués. Unha terra ancha que hoxe respira moito máis tranquila que en tempos.
¿¿A aldea era un espacio de silencio?
¿Que houbese represión non implica que na aldea do pasado non houbese transgresores. Os transgresores, con frecuencia, eran os ambulantes, os da feira. Eu meto moito neste libro ese mundo dos transgresores. Dos contrabandistas, dos guerrilleiros, dos tolos, da xente ceibe, que na aldea tamén houbo, gracias a deus.
¿Nos relatos hai tamén unha parte desa opresión que é mítica, que está asumida como se fose un feito natural aínda que non fose racional.
¿Na intención orixinal do libro había un interese meu por tratar determinadas institucións culturais galegas que quedaran fóra da literatura galega porque, curiosamente, na literatura galega desde Rosalía, o Padre Sarmiento ou outros, está a aldea pero non está a cultura da aldea, non aparece pra nada: nin os corpos abertos, nin a Santa Compaña. Ese trasmundo aparece moi pouco e cando aparece é desde o punto de vista do señorito culto urbano. Dende fóra. Eu quería facer eso, a verdade é que non o conseguín (ri), tal vez nese conto que se chama Lobosandaus , porque tampouco eu estou moi metido no mundo rural, tampouco son de aldea. Para escribir sobre esa cultura da aldea en toda a súa profundidade, tería que ser unha persoa moi metida, que vivira moito e moi dentro dese mundo rural, que tivera os mitos asumidos. Por certo, son mitos que están absolutamente vivos, pero non na aldea, nos barrios das cidades, en moitas partes.
¿Que se adaptan.
¿Claro. Se adaptan porque cando son funcionais serven para explicar algo. Serven para a xente que os usa porque algo explican e por eso están vivos. Por eso eu tentei entrar neles, pero, por outra parte, eu tampouco son simpatizante dos mitos, eu digo que a xente debe ser cada vez máis racional e todas esas cousas, así que tampouco lle teño un cariño especial ós mitos.
¿¿Cal é a distancia entre a novela, o relato e a poesía?
¿Hai unha diferencia de actitude. Podo escribir unha novela se a penso ben, se a estudio se me documento. Unha poesía dame a sensación de que me escribe ela a min. Non pode ser en calquera momento. Alguén dicía que non se pode ser poeta todo o tempo. Non se pode. Por outro lado tampouco eu pido unha posición da poesía sagrada, en absoluto. Para min, a poesía é como contar un chiste ben contado. Hai que estar nunha determinada situación de vida.
La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/biblioteca120/noticia.jsp?TEXTO=1111425
Por: FdN | Objective: Burma! | Comentarios (0) | Referencias (2)
Llido: 468 veces