Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


04/05/2003

A historia se repite

Lo que-ye pasa a Irak con Bush xa lo ten pasado Galicia con Almanzor fai 1000 anos.

Os gallegos tan valorando a posibilidá d'asesoramento gratis a os iraquís.

¿Pasa o tempo?


VENTO DA TRAVESÍA

Se cadra todo ten que ser circular. Reinando Vermudo II O Gotoso, o Reino de Galicia -parte de Asturias, a Galicia actual, un cacho de León e norte de Portugal- era territorio non árabe, a diferencia do resto da Península. Iraq é hoxe territorio árabe. No 997 os árabes tíñanse pola civilización máis avanzada. No 2003 os anglosaxóns téñense pola civilización máis avanzada. No 997, os poderosos estaban fartos das incursións que nacían do Reino de Galicia, da puxanza que empezaba a traer o Camiño de Santiago e de que servise como aglutinante cristián. No ano 2003 os poderosos estaban fartos das incursións que disque nacían en Iraq, da puxanza derivada do petróleo e de que servise como aglutinante islámico. O día 3 de xullo do 997 un exército árabe, ó mando de Almanzor, saíu de Córdoba; tiña unha flota preparada no Algarve, atracou en Porto e o día 10 de agosto do 997 entrou en Santiago de Compostela, arrasou edificios e murallas e ata colleu as campás da Catedral. En corenta días os árabes conquistaren Galicia. O día vinte de marzo de 2003 un exército anglosaxón, ó mando de Tommy, Toniño, Franks, atacou Iraq; tiña unha flota preparada no Pérsico, atracou en Um Qsar e o día 9 de abril de 2003 entrou en Bagdad, arrasou edificios e defensas e ata nos amosaren os váteres de Sadam. En vinte días os anglosaxóns conquistaren Iraq. Almanzor foi axudado por algúns nobres galegos e Tommy Franks por un Aznar de indubidable estética árabe. Entre Almanzor e Tommy Franks pasaren máis de 1.000 anos. Se cadra o tempo pasa pero non sirve de nada e nada avanzamos e nada sabemos e non aprendemos nada de nada. Ou se cadra todo ten que ser circular.


La Voz de Galicia, 04/05/2003
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1652231

Por: FdN | Lord of the Rings | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 265 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009