ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
03/02/2004
Por fín, daquén OPINA qu'a influencia en reciproca ¿normal non?
A cultura dos hórreos
MANUEL NEIRA
A NOSA RICA cultura material (Enrique Líster: granito, pedra de grá e trigo) e pouco ou case nada patrimonial. A que recolle (para os máis novos) Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas , no volume conxunto con Otero Pedrayo e demáis xentes de Nós. En Foz un labirinto de vielas condúceme non sei se por indicación, indicio dun perfume a un hórreo. Ao hórreo ou horro chamarémolo tamén celeiro, canastro...
Temos de piratear das Asturias o mellor que teñen: os hórreos de recoller a colleita. No noso país non deben ter millo e non se lles ocorra ter patacas: fruta ou froita. O permfume ou arrecendo da froita. O perfume da froita. En Lugo, ate Lugo, entran as Asturias por Ribadeo en Foz. Foz é o centro mesmo das mariñas que se prolongan ate máis aló do Vicedo a enlazar con Cedeira cuasemente. Pola outra banda de Foz a Navia de Luarca. De Foz podemos vir a Vilalba, o centro da Chaira. De Ribadeo viremos a Meira, terra de bo pan, pola Pontenova, terra de troita. Por iso hai que ter tento co que facemos estética e eticamente.
Os hórreos non van mal cos caxigos ou caxigueiros: o carballizo das reboredas, sexan novas ou vellas. O montesío Courel. O Courel acastelado en Doncos e Doiras, porque aí xa lles é Courel. Un saúdo a Arturo, Rei Artur. De Navia de Suarna: o último carlista que nos queda, por estética, fondo e forma. Todos contra Félix de Azúa, sexa, Manuel Blanco Romasanta, o último lobishome. «Sobran huevos, falta inteligencia».
As mazanceiras entran das mesmas Asturies ate o corazón do país galego. Xa o dicía o crego don Manuel Cortizo: «La vida es breve, un mínimo de inteligencia, por favor».
La Voz de Galicia, 03/02/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=2385633
Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 251 veces