ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
02/09/2004
Os socialistas queren que Ferrol sía un municipio de referencia pra todos aquellos conceyos de fóra de Galicia nos que se fala galego
O PSOE pide que Ferrol colabore cos galegofalantes de fóra de Galicia
O grupo municipal socialista do Concello de Ferrol anunciou onte, a través do seu edil Eduardo Fra, a súa intención de trasladar á Comisión de Cultura do Concello a proposta de que Ferrol preste canto apoio estea na súa man ás comunidades de galefofalantes de Asturias, León e Zamora.
Os socialistas queren que Ferrol sexa un municipio de referencia para todos aqueles concellos de fóra da comunidade autónoma nos que se fala galego sen que, ata agora, dende Galicia se lles preste a atención que as súas entidades culturais demandan.
A proposta dos socialistas incluirá a petición de que dende Ferrol se establezan vínculos de colaboración con zonas coma as do Bierzo que inclúan dende intercambios culturais e visitas e promoción de proxectos de investigación ata o envío regular, ás súas bibliotecas, de todos cantos libros en lingua galega edita ou contribúe a editar o Concello.
Presenza na Academia
Os socialistas anuncian, ademais, a súa intención de que o pleno municipal adopte o acordo de solicitar á Real Academia Galega que conceda unha representación permanente aos falantes do denominado «galego estremeiro» (o das anteditas comunidades autónomas) e que se inste aos demais concellos de Galicia a actuar no mesmo sentido, promovendo iniciativas semellantes.
O galego segue a ser unha lingua de uso cotián en municipios coma Tapia, Castropol, A Veiga, Taramundi, Santalla e Vilanova de Oscos (Asturias); Barxas, Vilafranca do Bierzo, Balboa e Veiga de Valcarce (León) ou Lubián, Porto e Hermisende, en Zamora.
«Precisamente porque nós estamos noutra zona estremeira -ironizaba ayer Fra- non nos podemos esquecer deles».
La Voz de Galicia, 02/09/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=2986590
Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 213 veces