Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


18/09/2004

Acordo en Ferrol pra promocionar el gallego en Asturias

Quer involucrar a todos os conceyos de Galicia pra que se sumen a esta iniciativa, y tamén a Consellería de Eduación .

Cultura colaborará cos municipios galegofalantes de Asturias, León e Zamora

Os partidos con representación no Concello ferrolán (Partido Popular, Independentes por Ferrol, PSdeG-PSOE, BNG e IU-EU) alcanzaron onte un acordo para establecer lazos de colaboración cultural cos concellos galegofalantes de Asturias, León e Zamora.

A proposta do concelleiro socialista Eduardo Fra Molinero (natural do Bierzo e escritor en lingua galega), tanto o goberno municipal (PP e IF) coma a oposición asumiron o proxecto de tender cantas pontes culturais estean na súa man a comarcas coma a do Eo, mediante envío de libros, intercambio de conferenciantes, visitas institucionais, etcétera, así como solicitar á Real Academia Galega que inclúa entre os seus académicos, de xeito permanente, a un falante do denominado galego estremeiro .

Reivindicación

O acordo de onte -que se desenvolverá a partir do seu refrendo no pleno ordinario da corporación municipal, fixado para o último xoves deste mes-, prevé, tamén, remitir comunicacións a todos os concellos de Galicia para que se sumen a esta iniciativa, e solicitar da Consellería de Eduación que, na medida das súas posibilidades, preste aos galegofantes asturianos, zamoranos e leoneses, e moi especialmente aos nenos, canto apoio poidan precisar para manter o idioma vivo. «Creo que, entre todos, hoxe demos un paso moi importante», sinalou Eduardo Fra Molinero.

La Voz de Galicia, 18/09/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3033076

Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 212 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009