04/10/2004
PP, Independentes por Ferrol, PSOE, BNG e IU queren ir muito más allá do meramente simbólico, sigún el promotor da iniciativa Eduardo Fra (PSOE)
Medidas para potenciar la lengua gallega y hermanamiento institucional con Mondoñedo
El pleno de la corporación municipal también acordó ayer, aunque en este caso con el apoyo de todos los grupos presentes en al ciudad, establecer lazos de colaboración con los municipios de León, Zamora y Asturias en los que se habla la lengua gallega, así como solicitar que «o galego estremeiro -el hablado en dichas zonas- esté representado en la Real Academia Galega, con un académico propio.
También por unanimidad se acordó -ratificando el dictamen de la comisión de Cultura- dar carácter oficial al hermanamiento con Mondoñedo.
La Voz de Galicia, 01/10/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3072136
Ferrol apoiará aos galegofalantes de Asturias, León e Zamora
A cidade reclama á Academia que incorpore a un representante do «galego estremeiro»
O Concello pedirá a todos os municipios de Galicia que secunden a súa iniciativa.
O futuro dunha lingua máis grande nos corazóns que nos mapas
Ramón Loureiro
O Concello de Ferrol vai establecer lazos de colaboración cultural permanente cos concellos de Asturias, León e Zamora nos que existen comunidades galegofalantes, coa intención de manter viva a lingua nos territorios nos que esta se conserva aínda fóra da comunidade autónoma.
A iniciativa, que comezará a desenvolverse esta mesma semana, foi aprobada coa unanimidade de todos os grupos municipais (Partido Popular, Independentes por Ferrol, PSdeG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego e EU-IU) na sesión plenaria do pasado xoves. E incluirá dende o envío de libros e material a aquelas comunidades nas que se fala galego en Zamora, León e Asturias, ata a organización, neses mesmos lugares, de actos culturais conxuntos, visitas institucionais, intercambios académicos e fomento de proxectos de investigación lingüística e antropolóxica.
Real Academia Galega
Pero non remata aí o proxecto: o Concello de Ferrol vai solicitar unha entrevista co presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, para trasladarlle o desexo da corporación de que a institución incorpore, entre os seus membros, a un representante de denominado «galego estremeiro», o das anteditas zonas. E inmediatamente despois o Axuntamento de Ferrol pedirá aos municipios de toda Galicia que asuman, tamén, o compromiso de dar cantos pasos estean na súa man para que os galegofalantes de fóra de Galicia vexan recoñecido o seu esforzo por manter o idioma vivo.
A iniciativa ferrolá, que partiu dun concelleiro socialista, Eduardo Fra Molinero, natural do Bierzo e escritor en lingua galega, pero que foi asumida por todos os grupos municipais se excepción, quere ir, como sinala o propio Fra, moito máis alá do meramente simbólico. «Pretendemos -di o concelleiro socialista- que isto non sexa un mero xesto, senón unha iniciativa eficaz para manter vivo o galego fóra de Galicia. E iso pasa, en primeiro lugar -subliña-, porque quen fala galego en Asturias, León e Zamora, saiba que en Galicia se lle quere e se recoñece o seu compromiso co noso idioma».
Ferrol tamén ten a intención de solicitar, recorda Fra, que os rapaces galegofalantes de zonas como as do
Eo-Navia (Asturias), A Portela (Zamora) e o Bierzo (León) encontren facilidades para integrarse, se o desexan, no sistema universitario de Galicia, e pedirá que se lles facilite o acceso «a todos os recursos culturais galegos financiados con fondos públicos».
«Creo -engade- que temos, con toda esa xente, unha débeda histórica, e que xa é o momento de poñerse a traballar».
La Voz de Galicia, 04/10/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3079517
Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 219 veces