Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


19/12/2004

Un ¿Representante? del ¿gallego? en ¿Asturias? ingrea na RAG

Carlos Varela, ¿residente? nas ¿terras comprendidas entre o Eo e Asturias? ingresou na Real Academia Galega, como falante y como defensor del gallego na ¿súa área?, y en reconocemento al sou llabor de promoción da llingua, pero tamén col oxectivo por parte da Academia de reforzar a presencia del gallego n'aquellas zonas que non son ¿administrativamente galegas?

A Academia recoñece a fidelidade dos falantes do galego estremeiro

Representantes da fala en Asturias, Bierzo, Zamora e Estremadura ingresaron na entidade

No acto pediuse a creación dun centro de normalización lingüística para a lingua no exterior.

Diferentes terras pero as mesmas palabras

A importancia da homenaxe a Sarmiento

Os problemas dun falante con perseverancia

Unha recuperación parella á etnografía

Xesús Fraga

Con catro acentos moi distintos entre si falouse onte na sede da Real Academia Galega, na Coruña. Eran as variantes da lingua que vive e se escoita no Occidente de Asturias, nas Portelas de Zamora, no Bierzo e no Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres. Catro falantes e defensores do galego en cadansúa área foron nomeados académicos correspondentes, en recoñecemento ao seu labor de promoción da lingua, pero tamén co obxectivo por parte da Academia de reforzar a presenza da fala naquelas zonas que non son administrativamente galegas. «É o valor da fidelidade», dixo o presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, en referencia aos falantes das catro áreas fóra da Galicia administrativa.

Nas súas intervencións, os novos académicos demostraron a imoprtancia do galego nas súas vidas: os catro falaron da infancia e de como entendían o mundo en galego e nesa lingua se relacionaban con el. Carlos Varela, residente nas terras comprendidas entre o Eo e Asturias, inzou o seu discurso de lembranzas e palabras propias da súa contorna, igual que despois o faría Héctor Silveiro, chegado do Bierzo para relatar o seu encontro co galego na escola. Do mesmo xeito, Felipe Lubián, das Portelas, elixiu unha escena infantil e labrega para relatar a participación do galego na súa vida, e o estremeño Domingo Frades ilustrou o carácter galego dos seus veciños ao citar a resposta máis frecuente no Val do Ella: «¿E logo...?».

Pero a implicación vital no galego non é o único que une a catro persoas que falan a mesma lingua, en ocasións a moitos quilómetros de distancia. As dificultades e obstáculos a vencer para poder expresarse nesta lingua tamén foron unha constante que parecen compartir os territorios estremeiros. Dificultades ás que se referiu Francisco Fernández Rei na súa resposta en nome da Academia, xa que o feito de non pertencer á Galicia administrativa sitúaos nunha especie de terra de ninguén, onde baten coa incompresión das institucións e a indiferencia de moitos.

Na sede da Academia escoitáronse onte palabras nas que se explicaba, como explicou Héctor Silveiro, a «indefensión dos dereitos lingüísticos» de persoas que saben e queren falar galego, só que non pertencen a ningunha das catro provincias que oficialmente poden considerarse Galicia.

Foi o propio Silveiro quen reclamou ante os académicos e o público que ateigaba o salón de actos da Academia, un «centro de normalización lingüística para o galego de fóra», e propuxo que a súa sede se establecese en Villafranca do Bierzo. O espallamento do galego no exterior, segundo dixo, precisa de «planificación e regularidade» para acadar a defensa da diversidade da lingua.

Distintas velocidades

Fernández Rei citou tamén esta situación, ao explicar que o galego que se fala en catro diferentes administracións españolas ten catro distintas «velocidades», pero que o desexable sería avanzar todos cun mesmo impulso.

La Voz de Galicia, 19/12/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3306402




Eo-Navia (ASTURIAS)
Diferentes terras pero as mesmas palabras

Horros, camíos, cuitelos, amallolos, inlatres, Foron algunhas das palabras do discurso co que Carlos Varela deu entrada ao galego eonaviego na Académica. Varela referíuse en A inocencia da lingua o seu primeiro contacto coa fala, nun mundo rural e mariñeiro transformado pola emigración e os cambios da sociedade. «Sorprendíame muito como estando noutras terras podía ter a mesma lingua», resumiu a capacidade dos falantes para ignorar as fronteiras e compartir un patrimonio común. Un patrimonio polo que houbo e se segue a loitar, dende colectivos como a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca, que, ao igual que o galego doutras estremas, tamén bateu coa incomprensión, pero que desexa que os «neníos» poidan seguir empregándoo.

La Voz de Galicia, 19/12/2004
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/noticia.jsp?CAT=105&TEXTO=3306405

Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 224 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009