Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


22/01/2005

PRESENTACIÓN del "Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega"

Aprobado por UNANIMIDÁ nel sou día

Galicia conta dende hoxe co seu primeiro Plan de Normalización Lingüística

O plan tentará aumentar o número de falantes do galego nos vindeiros anos.


O conselleiro de Educación, Celso Currás, presentou hoxe en Santiago o primeiro Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PNL), que tentará aumentar o número de falantes do galego nos vindeiros anos a través dun total de 445 medidas concretas.

Ó respecto, Currás lembrou que este documento foi elaborado por un total de 70 persoas e que o pasado 22 de setembro acadou a unanimidade do Parlamento de Galicia para a sú a aprobación, feito que considerou un «fito histórico» para a lingua galega. Este primeiro plano chega 21 anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística.

Nese senso, amosou o seu convencemento de que a alta participación dos axentes sociais na elaboración do plan favorecerá a súa aceptación entre os receptores, aos que califico de «principal motor», xa que serán os propios cidadáns os que poderán aplicar as medidas previstas no desenvolvemento das súas actividades habituais.

Currás aludíu aos avances experimentados polo galego nos últimos anos coa súa introducción na Administración ou a Educación e, de feito, aseguro que o galego «segue a ser unha lingua maioritaria» na sociedade galega, aínda que existen outros problemas, como o «complexo de inferioridade» de moitos galegos á hora de empregar a súa lingua en determinados contextos ou a diminución do seu uso entre os máis novos.

Asemade, fixo fincapé na importancia de que esta lingua estea presente no novo escenario da sociedade da comunicación, de xeito que o seu uso sexa posible para referirse a términos vencellados aos diferentes avances que se produzan.

En síntese, Currás explicou que os obxectivos principais do plan son garantir a posibilidade de «vivir en galego» a quen o desexe e conseguir para esta lingua un maior número de funcións sociais e espazos de uso, priorizando os sectores estratéxicos.

A importancia da unanimidade

No acto de presentación tamén participou o experto en linguas minoritarias Miguel Siguán, da Universidade de Barcelona, quen considerou a uninimidade acadada no Parlamento respecto ao plan como o seu «principal mérito».

Asemade, incidiu tamén na importancia de que os sectores máis influíntes da sociedade empreguen publicamente o galego co obxecto de «rachar o prexuízo» respecto á propia lingua. Nembargantes, aludíu á necesidade de que sexan os mesmos receptores dos plans os que estean dispostos a recibir as mensaxes nesa lingua, xa que sen ter en conta esta premisa non terían sentido as medidas.

La Voz de Galicia, 22/01/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=100000062337




A oposición dá un apoio crítico ao Plan de Normalización Lingüística

Representantes dos grupos parlamentarios posicionáronse sobre o documento de choque

Mentras o BNG e o PSdeG-PSOE analizaron as eivas, o PP aposta pola afabilidade da lingua

445 medidas para frear a perda de falantes

Concha Pino

Recuperar ao 30% que, segundo datos do 91 que manexa a Xunta, son galegofalantes ocultos é unha das aspiracións que o PP ten depositadas no Plan Xeral de Normalización Lingüística que se empeza a executar hoxe. O BNG reitera o seu «apoio crítico» e cuestiona, entre outras eivas, que siga insistindo no caracter afable da lingua, e o PSdeG bota en falta maior compromiso político e, ao igual que os nacionalistas, un calendario de aplicación.

Son, en síntese, as posicións que onte expresaron os representantes dos tres partidos políticos con representación parlamentaria no Hórreo, no marco dos oitavos Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega.

César Augusto Pérez (PP) abriu as intervencións cun relatorio de catorce puntos sobre o que agardan os populares dun Plan de Normalización Lingüística «de todos e para todos» para abordar problemas pendentes e os «causados pola nova sociedade da información e a globalización». Deixou claro que «non implica substituir o castelán polo galego», e que debe ser un proxecto aberto, participativo e consensuado.

Eduardo Gutiérrez (BNG) expresouse «dentro da afabilidade» que predica o Plan para lembrar que o seu grupo deulle «un si crítico» para a súa aprobación parlamentaria. Recoñeceulle ao traballo aspectos positivos como o da diagnose da situación, pero dixo que adolece de «certo desorde» no método e nos obxectivos. O BNG pensa que o órgano encargado de executar o Plan non debería ser a Consellería de Educación, senón outro de caracter transversal, como unha secretaría xeral.
Manuel Luís Rodríguez González (PSdeG-PSOE) coincidiu con Gutiérrez en reclamar un calendario de aplicación e un control efectivo do cumprimento «sen que signifique dispoñer de comisarios políticos». Afirmou que os socialistas agardan que contribúa á expansión do uso do galego. Para iso piden ás distintas administracións que se involucren con medidas que faciliten o uso do galego, así como a implicación dos medios de comunicación e de produción audiovisual.
O representante socialista demandou que o Plan sexa dotado de medios humanos e orzamentarios para levalo a cabo.

La Voz de Galicia, 22/01/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3391479




Con 445 medidas para frear a perda de falantes

O Plan Xeral de Normalización Lingüística foi o protagonista da sesión da segunda xornada dos Encontros para a Normalización Lingüística, porque a maioría dos máis de 200 asistentes son técnicos e traballadores dos servizos de normalización, que desenvolven un papel activo na promoción do uso do noso idioma en moitos ámbitos da sociedade.

O debate cos representantes dos grupos políticos pechou unha mañá na que tamén interveu o director xeral de Política Lingüística, Pablo González Moreiras, para presentarlle ao colectivo o Plan Xeral, que contempla 445 medidas deseñadas por una comisión técnica que traballou por sectores. O obxectivo máis urxente «é frear a caída de falantes e facer emerxer o galego oculto», polo que a execución das medidas vai empezar polas que resulten menos conflitivas, «as de maior aceptación».

Pero aínda están por determinar, porque hoxe, antes da presentación oficial e pública do Plan Xeral de Normalización, reuniranse as sete comisión creadas para fixar as prioridades, calendarios e aplicación noutras tantas áreas, que abarcan dende crenzas relixiosas ao deporte e o turismo, sen esquecer a sanidade, a xustiza e o ensino.

Para o responsable da política lingüística o Plan «é o mellor posible», porque ademais de xeral é «realista, posible e audaz» para que o galego sexa unha lingua de comunicación útil, moderna e cortés.

La Voz de Galicia, 22/01/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3391480

Por: FdN | Interesante | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 206 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009