Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


23/03/2005

El PSOE pra promover y protexer el ¿gallego? en Asturias

Catro propostas pra que falemos gallego

O PSOE pide á Xunta que promova o galego nas zonas estremeiras

c.f.

O grupo parlamentario socialista presentou unha proposta non de lei para que a Xunta de Galicia promova a protexa o galego alén dos territorios de Galicia.

Segundo o texto presentado polas parlamentarias socialistas Natividad González Laso, Laura Seara Sobrado e Manuel Luis Rodríguez González hai máis de 80.000 galego falantes repartidos no occidente de Asturias, o Baixo Bierzo, catro concellos occidentais de Zamora e máis os lugares da fala en tres vilas de Cáceres.

As propostas que inclúe o texo presentado son catro. En primero lugar, o grupo socialista considera necesario establecer acordos coas institucións educativas e culturais de Asturias, León, Zamora e Extremadura para que o galego pase a formar parte de xeito permanente dos programas de actividades culturais e educativas destas zonas.

Circuitos culturais

A segunda das iniciativas proposta quere que os circuitos culturais promovidos pola Xunta de Galicia se extendan ata as catro zonas con fala galega, de forma que poidan chegar ata elas as actividades en galego que xa se poden ver no país.

Tamén é necesario, segundo a proposta, fortalecer as relacións entre os galego falantes destes espazos estremeiros e os do país. Os socialistas propoñen promover programas vacacionais ou de intercambio para que os falantes de alá poidan visitar Galicia, tanto para rapaces como para maiores, a través dos programas deste tipo das distintas consellerías.

O texto da proposta indica que a Real Academia Galega xa conta entre os académicos con representantes das catro zonas exteriores da Península. Neste sentido consideran os propoñentes que sería necesario que outras institucións asumisen unha actitude semellante e, por exempro, solicitan que o Consello da Cultura Galega integre no seu plenario a representación permanente destes catro espazos galegofalantes.

O PSOE cree necesario apoiar a actitude de quen está contribuindo nesas zonas ao espallamento do galego e facer participar á poboación das mesmas nas iniciativas culturais que contribúan a fomentar a difusión do idioma galego.

La Voz de Galicia, 23/03/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3571618

Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 204 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009