ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
05/05/2005
Descubren os contubernios d'Autovia del Cantabrico que dasaniman pasarnos a Galicia.
Contactos no aeroporto
XOSÉ MARÍA PALACIOS
AS PRIMEIRAS veces que visitei o aeroporto de Lavacolla pareceume ver máis coches con matrícula de Pontevedra ca da Coruña. Non sei se os pontevedreses viaxaban máis en avión ou se os coruñeses xa usaban moito o aeroporto de Alvedro, aínda que daquela debía de estar reducido a voos con Madrid; pero o que afirmo é que daquelas estadías, que en realidade eran unha concesión de meus pais en viaxes a Santiago, me quedou a afeción a tomar un café nos aeroportos mentres se imaxina a vida dos viaxeiros que van e veñen.
Se hoxe se quere practicar esa afeción de ver viaxeiros de avión, podemos chegar a Lavacolla ou a Alvedro con máis rapidez ca na miña nenez, pero non esquezamos o aeroporto de Asturias. ¿Por que? Porque aínda que hai obras tan obvias que non deberían comentarse, ninguén ten explicado cando se conectará a autovía do Cantábrico con Lavacolla, Santiago e a costa atlántica, nin -e iso aínda é peor- semella haber interese nesa explicación.
Deixemos aos políticos e imaximenos. O aeroporto de Asturias é usado a cotío por xente da Mariña e do Occidente, de xeito que paseando por alí podemos atopar coñecidos ou xente que cremos ter visto en Ribadeo ou en Tapia. ¿Que importa unha autovía se mellora a nosa vida social?
La Voz de Galicia, 05/04/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3604148
Por: FdN | Objective: Burma! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 227 veces