Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


23/05/2005

"Lei de Normalización Lingüística" (1983)Título V "do galego exterior" artigo 21

"O Goberno galego ...... protexerá a lingua galega falada en territorios limítrofes coa comunidade autónoma"

El "Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega" pretende "cambiar o status legal do galego nos diferentes estatutos de autonomía das comunidades onde se fala galego"



cambiar o status legal do galego nos diferentes estatutos de autonomía das comunidades onde se fala galego

A proxección no exterior

A lingua galega ten presenza na comunidade autónoma de Galicia, noutras comunidades e cidades de España e noutros territorios do estranxeiro.

No primeiro caso, fálase galego no occidente de Asturias (A Terra Navia-Eo: 18 concellos, entre eles Castropol, Taramundi, Navia, etcétera, con preto de 45 mil falantes), na provincia de León (nos Ancares orientais e no Bierzo occidental: Candín, Vilafranca; aproximadamente 30 mil falantes), na provincia de Zamora (As Portelas, con preto de 1.800 falantes), e na provincia de Cáceres (Val do río Ellas, 5 mil habitantes e falantes). No segundo caso, a lingua galega na emigración está conformada por aproximadamente 550 mil galegos de orixe: 200 mil no Estado español, 180 mil en Europa, e 175 mil en América.

Atendendo á importancia de protexer e de promover a lingua galega nas comunidades do exterior, na Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, recóllese unha parte -Título V do galego exterior, artigo 21- en que se especifica que o Goberno galego usará os recursos que lle confiren a lexislación española e galega para que os emigrantes de orixe galega poidan dispoñer de servizos culturais e lingüísticos en lingua galega, e que protexerá a lingua galega falada en territorios limítrofes coa comunidade autónoma.

Corenta centros de estudo

Dado que o nivel de protección do galego fóra de Galicia é moi escaso, desenvolvéronse distintas iniciativas para garantir o seu mantemento e promoción. Así, a creación dunha rede de centros galegos e de lectorados de lingua e cultura galegas en varios continentes -existen actualmente preto de corenta centros de estudos galegos no mundo, dos cales 28 son lectorados, e nos cales máis de dous mil alumnos participan nas actividades organizadas por estes centros. Ou a sinatura de convenios específicos con comunidades limítrofes tendentes a asegurar o ensino do galego son exemplos de tales iniciativas que seguen a estar presentes hoxe na acción lingüística das institucións galegas. Grazas a esas iniciativas póñense en marcha cursos de cultura galega para emigrantes, cursos de lingua galega nas comunidades emigradas, foméntase a emisión por satélite da Televisión de Galicia, entre outras.

A existencia de asociacións de defensa do galego en varias das zonas do galego oriental axuda igualmente a dinamizar a situación: por exemplo, A Mesa para a defensa do galego de Asturies ou a asociación Fala Ceibe do Bierzo. E a recente incorporación de catro novos membros correspondentes á Real Academia Galega, procedentes do galego oriental, afonda nesa dirección.

48 medidas

No Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega dedícaselle unha parte á proxección exterior da lingua e da cultura galegas.
Especifícanse nel medidas para as relacións co exterior, con outros territorios de lingua galega e coa emigración.

De entre as 48 medidas propostas, cómpre salientar as seguintes: incrementar a presenza da lingua, da literatura e da cultura de Galicia en máis centros de ensino de España e do mundo; consolidar os estudos de lingua e cultura galegas que se realizan nas universidades estranxeiras; cambiar o status legal do galego nos diferentes estatutos de autonomía das comunidades onde se fala galego, intentando consolidar ao mesmo tempo o seu ensino e a súa presenza na vida pública; usar e promover o galego nas comunidades de emigrantes.

Finalmente, tamén se sinalan como medidas para pór en marcha a consecución dun recoñecemento legal o máis alto posible nas institucións da Unión Europea e o recoñecemento do carácter plurilingüe de España.

La Voz de Galicia, 23/05/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3750686

Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (1) | Referencias (0)
Llido: 240 veces

Comentarios

o galego mola

Dario | 08-05-2006 20:18:51

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009