ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
14/07/2005
¿Quén? ¿Únde? ¿Cóndo? y ¿Qué? actos fain AQUI ......
[debe ser tan verdá como a veya historia del Obispo]
Pajares
MARTIÑO SUÁREZ
TEÑO uns amigos que me contan, de tanto en tanto, o que lles ocorre cando fan un acto no occidente de Asturias para promover que alí se dean clases de galego nas escolas, e que se estenda ás comarcas do Eo e do Navia a promoción dun idioma que alí se fala naturalmente. Os defensores do asturiano acúsanos de imperialistas e adoitan recibilos con columnas incendiarias nos xornais e con notas de prensa terribles. Como isto dos sentimentos é moi complicado, non sei moi ben que dicirlles. Con todo, segundo parece esa zona foi galega ata o século XII, no que o bispo de Mondoñedo lla regalou ao de Oviedo a cambio dunha muller. Así eramos, e en moitos sentidos así somos.
O argumento, ademáis de trasnoitado e baboso, non parece moi acaído para os tempos que corren. Sen embargo, os meus amigos poderían atopar consolo se lesen como o Ministerio de Fomento cualificaba un destes días o porto de Pajares, entre o Principado e a provincia de León, de «muralla natural que separa Galicia y Asturias de la meseta», e como aseguraba que facer un túnel alí «asegura la conexión en alta velocidad entre Madrid y las principales ciudades de Galicia». De pórnos imperialistas, fagámolo con marchamo ministerial.
La Voz de Galicia, 14/07/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3896342
Por: FdN | Lord of the Rings | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 204 veces