Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


06/02/2006

Novo capítulo del SENHOR DOS ANELOS

Basandose na conocida versión del SENHOR DOS ANELOS, el cronista asegura ter probas irrefutables da persecución padecida por os falantes de galego "na terra media" promovida dende as más altas institucióis del Principado.


VENTOS ÁBREGOS
Pax astúrica

Avelino Abuín de Tembra

Asturias ía ser a quinta provincia de Galicia. En 1842, propúxoselle ao Congreso unha quinta provincia con capital en Ribadeo. Estaría formada polas terras do seu partido xudicial e as comprendidas entre o Eo e o Navia, que foron segregadas de Galicia no século XII, por acordo entre os bispos de Lugo e Oviedo.

A iniciativa non prosperou. Responde, en cambio, á idea xeral dos asturianos de formar parte da Galicia oriental na lingua, na cultura, no acervo humano e no atavismo.

Esas idílicas paisaxes que baixan do Cantábrico e chegan ata a serra do Follabal e se abrazan por Grandas de Salime, e soben ata o mar por San Isidro e os Penácoros ata o cabo de San Agustín, e envolven e cinguen os portentos naturais que son Taramundi e Paramios, e o Marco das Tres Fontes, e outra volta ascenden polas Penas Picudas, San Martiño de Oscos, e San Isidro e Bobia, e beixan as ondas no mar de Tapia, en Castropol, Vegadeo e Santiso d’Abres, esas son terras de Galicia desde o fondo dos tempos, a pesar das reticencias políticas e artificiais do Principado que se configurou máis ala de Porto Veiga, e Luarca, e se centralizou na colonización desta Galicia ignota que conserva como tesouro a lingua e sente orgullo de formar parte do herdo colectivo.

Non se trata de reclamarlle nada a Asturias. Trátase, simplemente, de lle esixir a protección indispensable para a ‘fala’ galega da terra que estivo a punto de ser a quinta provincia de Galicia. A diocese de Oviedo foi sempre sufragánea do metropolita de Compostela ata a posguerra civil. Non se explica demasiado ben esa persecución dos asturianos contra Galicia e todo o que denote influencia galega. Resulta frecuente escoitar en Asturias que Galicia foi un país subordinado e sometido desde que don Pelaio vencera en Covadonga e suscitara a longa nómina dos seus reis antes de espallarse por León.

No fondo, nunca foi así. Galicia permaneceu á marxe das Asturias de Oviedo e o seu dominio foi nulo ou escaso. Asturias pensou sempre en Madrid ou, en calquera caso, en Santander-Cantabria. Os asturianos, a pesar do falsísimo refrán ‘galegos e asturianos, primos hermanos’, compartiron connosco todos os infortunios pero nunca nos sentaron á súa mesa con hospitalidade e agasallo. Hai neles como unha especie de pundonor ferido, orgullo de caste que terían a menos compartir cos galegos. Como unha especie de temor a seren absorbidos, engulidos, fascinados por unha poderosa Galicia que podía emerxer unha mañá. Unha Galicia vizosa e fértil que os puidera zugar ou impregnar de galeguismo versus asturianismo ou asturianidade.

Ten o cronista probas irrefutables da persecución padecida polos falantes de galego promovida desde as máis altas institución do Principado. Calumnias e filípicas contra os habitantes da quinta provincia que non puido nin nunca poderá ser. De modo que se algún afán imperialista sobrevive, ese pertence aos asturianos. Non hai ardor de anexión, nin entusiasmo pola dependencia. No talante, nas formas e contidos, na proxección dos seus intereses e peculiaridades, Asturias equivocouse con Galicia. Deliberada e intencionadamente. O folclore e a inocuidade exhibidas nos encontros de presidentes autonómicos non serviron absolutamente para nada. Nin tampoco servirán de moito o que se acaba de celebrar en Santiago, que se condensa na enigmática expresión de ‘diluír fronteiras’. Traducida extraoficialmente como ‘superar antigos litixios. Non hai ‘fito’, nin parodia de fito, nin chanta nin poste nin sinal. Non poderá haber concordia entre Galicia e Asturias en tanto a lingua de Galicia sexa minusvalorada e desprezada, marxinada, desdeñada e refugada. Abonda xa de entregas e capitulacións. Da Xunta de Galicia deben desaparecer de inmediato os cagainas e petapouco, os pusilánimes e coitados, os medos e as traizóns: o sacratísimo legado da lingua de Galicia, fálese en Asturias, no Bierzo ou nas Portelas da Canda ou as do Padornelo, no Minho portugués, ou en Estremadura...

Non gustou en Galicia a transixencia. Non agradou en Galicia ese fairplay inmerecido. Pódense pactar todas as transcantábricas que se queiran, impulsar o camiño das peregrinacións do norte, promover as feves e os corredores pola Fonsagrada a Santa Eulalia de Oscos. Será en van. Hai unha débeda que pagar e esa é a lingua galega do occidente asturiano. A lingua galega de Asturias non mingua senón que engrandece o herdo cultural de Asturias. Salvados os atrancos, superadas as crises esperpénticas, Asturias debe volver a Oviedo para respectar, agarimar e defender a lingua galega que se conserva no seu territorio ao que Galicia non aspira. Non denigrala e aldraxala, desacreditala e vilipendiala baixo o pretexto de bables e xergas locais. A lingua galega é algo serio, señores presidentes de Asturias e Galicia. O conflito quedou sobre a mesa sen resolver.

Talvez as plataformas de defensa que se multiplican na ‘quinta provincia’ teñan e deban dicir algo. Non quedaron, desde logo, nin satisfeitos nin conformes, segundo as cartas recibidas. Ocasión perdida para a solidariedade que necesitan urxentemente. ¿Que garda vostede persoalmente contra Asturias? Nada. Todo o contrario para quen iniciou os estudos desde Corias, o Escorial de Asturias, en Cangas del Narcea. Asturias en si, desprovista de empaques, chauvinismos e patrioteirías, é unha simpática xeografía. Unha rexión idílica.

Recólleo o poeta Salvador Rueda no célebre soneto ‘Lo que dice Asturias’ que case non se pode traducir: "Din os seus cantos: aprendede tenrura. / Din os seus carballos: aprendede firmeza./ Din os seus cumes: aprendede grandeza./ Din os seus heroes: aprendede bravura./ Os seus manantiais: aprendede frescura./ As súas mansas vacas: aprendede nobreza./ As súas raras aves: aprendede beleza./ O seu falar de meles: aprendede dulzura. /Di a súa gaita: aquí está a harmonía./ A súa sidra de ouro: aquí está a alegría./ A súa néboa azul: aquí está o indeciso. / E os seus bosques, mares e rompentes / din con ríos, aguias y fontes: / Aquí está Deus e aquí está o paraíso. Iso é Asturias. ¡A ver se se consolida a pax astúrica!

GALICIA-HOXE, 06/02/2006
http://www.galicia-hoxe.com/index.php?option=com_content&task=view&id=14278

Por: FdN | Lord of the Rings | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 254 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009