Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


06/04/2006

¿cúal é el colmo d'un asturiano?

Qu'un lleonés pida que fale gallego, y que lo poñan nel estatuto da comunidá autonoma ¡GALLEGA!.




POR UN MAIOR RECOÑECEMENTO DO GALEGO PERIFÉRICO NO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk), de defensa da cultura e maila lingua galegas, diríxese á Comisión parlamentaria de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia para pedirlle un maior compromiso político coa protección da lingua galega dos 4 territorios periféricos de: Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas sanabresas e Val de Ellas cacereño. Actualmente este compromiso institucional coa promoción do galego do Este realízase polo mandato normativo fixado na Lei Galega de Normalización Lingüística, "(...) protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma" (artígo 21.2). Esta declaración resulta escasa para levar a cabo a plena normalización lingüística nos ditos territorios. O mantemento de esta lingua minoritaria é difícil na Comunidade Autónoma de Castela e León, xa que aínda non se ten recoñecido como idioma oficial, o que provoca desigualdade xurídica que favorece un contexto xeneralizado de discriminación cultural.

Fala Ceibe pide un maior recoñecemento do galego limítrofe no propio Estatuto de Autonomía de Galicia. Hai que erguer o rango xurídico de protección do galego periférico, mediante un novo artigo estatutario, para implicar máis ás instituciois da Comunidade Autónoma de Galicia (Xunta de Galicia, Consello da Cultura Galega, Universidades, medios de comunicación e demais) co mantemento e o fomento deste idioma minoritario nos territorios viciños.

Fala Ceibe lembra que a poboación autóctona dos 4 territorios limítrofes non pode asumir todo o protagonismo na conservación do galego, porque somos minorías lingüísticas divididas en varias Comunidades Autónomas e baixo administraciois públicas escasamente interesadas polo noso desenvolvemento etnocultural. A Comunidade Autónoma de Galicia debe comprometerse activamente coa defensa e o fomento da lingua galega nestes territorios viciños, aínda que os actuais límites político-administrativos que nos afastan empecen unha intervención directa.

Fala Ceibe insta a que se superen os lindeiros político-administrativos entre as Comunidades Autónomas de Galicia e Castela e León, mediante a sinatura de convenios de colaboración coas instituciois de O Bierzo (Consello Comarcal, concellos, universidade, asociaciois culturais e demais). Os eidos de actuación destes convenios a prol do idioma galego son variados: ensino, administraciois locais, turismo, medios de comunicación, actividades culturais, etcétera.

Fala Ceibe pide que se diferencie claramente no propio Estatuto de Autonomía de Galicia, cos seus respectivos artigos, dous tipos de intervenciois públicas que se fagan en materia lingüística. Trátase de distinguir o fomento do "galego estremeiro", nos ditos 4 territorios periféricos, do ensino do "galego exterior" que se instrumentaliza a través dos Centros Galicia das comunidades emigrantes e dos leitorados de galego nas universidades de fóra de Galicia. Esta distinción estatutaria solicitada débese facer tamén efectiva nas propias leis galegas de Normalización Lingüística (Lei 3/1983, de 15 de xuño, Título V. Promoción do galego exterior) e de recoñecemento de Galeguidade (Lei 4/1983, de 15 de xuño). A variada problemática da normalización idiomática que precisa o "galego estremeiro" pouca relación ten coa sinxela promoción cultural concretada no "galego exterior". Ademais non resulta axeitado demandar a esixencia legal de "recoñecemento de galeguidade" ás catro comunidades etnoculturais limítrofes que compartimos a mesma historia, tradiciois e lingua galegas dende a Idade Media.
Xabier Lago Mestre, Presidente de Fala Ceibe do Bierzo
Ponferrada, abril de 2006.
http://boards3.melodysoft.com/app?ID=falaceibe&msg=3645





Fala Ceibe reclama «um maior reconhecimento do galego periférico» no novo Estatuto

A entidade berziana propom alguns critérios para a inclusom da problemática específica dos territórios «estremeiros» no articulado que sairá aprovado da reforma em curso

A associaçom cultural berziana Fala Ceibe, dedicada à defesa da língua e cultura galegas nessa comarca excluída da actual Comunidade Autónoma da Galiza, remeteu um escrito à Comissom parlamentar dedicada à reforma estatutária, constituída polas três formaçons políticas com presença no Parlamento autonómico galego.

Fala Ceibe pediu «un maior compromiso político coa protección da lingua galega dos 4 territorios periféricos», em referência às comarcas galegófonas entre os rios Návia e Eu, no Berzo, as Portelas e o Vale do Elhas, na província de Cáceres.

Considerando «escassa» a declaraçom institucional incluída na Lei de Normalizaçom Lingüística hoje em vigor no que di respeito à defesa da língua própria desses territórios (artigo 21.2), a referida entidade cultural julga «difícil» a subsistência do galego na Comunidade Autónoma de Castela e Leom, «xa que aínda non se ten recoñecido como idioma oficial, o que provoca desigualdade xurídica que favorece un contexto xeneralizado de discriminación cultural».

Daí que Fala Ceibe considere necessário «un maior recoñecemento do galego limítrofe no propio Estatuto de Autonomía de Galicia». Em concreto, reclama um artigo específico do novo Estatuto de Autonomia dedicado à questom, implicando a própria Junta, o Conselho da Cultura Galega, as Universidades, a comunicaçom social, etc, e lembrando que «a poboación autóctona dos 4 territorios limítrofes non pode asumir todo o protagonismo na conservación do galego, porque somos minorías lingüísticas divididas en varias Comunidades Autónomas e baixo administraciois públicas escasamente interesadas polo noso desenvolvemento etnocultural».

No caso do Berzo, a soluçom passa, para Fala Ceibe, pola superaçom dos «lindeiros político-administrativos» entre as comunidades autónomas da Galiza e de Castela e Leom, através de acordos e colaboraçom em prol do idioma galego, em ámbitos como o ensino, as administraçons locais, o turismo, os media, as actividades culturais e outros.

Finalmente, a associaçom berziana manifesta a necessidade de serem distinguidas as intervençons públicas no que toca ao chamado «galego exterior», próprias de Centros e Casas da Galiza no mundo, das correspondentes ao que denomina «galego estremeiro», em referência à problemática específica de uns territórios «que compartimos a mesma historia, tradiciois e lingua galegas dende a Idade Media».

AGAL, 04/04/2006
http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=2791





Una asociación del Bierzo pide la proteción del gallego periféricu nel Navia-Eo

El grupu Fala Ceibe encamienta a la comisión estatutaria de Galicia un compromisu colos territorios llingüísticos d'Asturies, Castiella-Lleón y Estremadura

Redacción

L'asociación cultural Fala Ceibe del Bierzo encamienta nuna carta remitida a la comisión parlamentaria qu'estudia en Galicia la reforma del Estatutu d'esa comunidá "un mayor compromisu políticu cola protección de la llingua gallega de los 4 territorios periféricos de: Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas sanabresas y Val de Ellas cacereño". Los galleguistes bercianos invoquen l'artículu 21.2 de la Lei Galega de Normalización Lingüística pa fitar la so pitición.

Fala Ceibe considera que mesmo la redacción del artículu que fai referencia nesa llei de la comunidá gallega a los territorios d'otres comunidaes ye "escasu" y pide una reconocencia más esplícita nel nuevu Estatutu del "gallegu limítrofe". L'artículu al qu'aluden los galleguistes del Bierzo fala de "protexer la llingua galega falada en territorios limítrofes cola Comunidade Autónoma".

L'asociación galleguista berciana pide na so carta que nel nuevu estatutu se diferencie el fomentu del nomáu "galego esterior" (referíu a les comunidaes gallegues espardíes pel mundu) del qu'apelliden de "galego estremeiro", faláu, según Fala Ceibe, "nos ditos catro territorios periféricos".

ASTURNEWS, 05/04/2006
http://www.asturnews.com/index.php?idn=2756

Por: FdN | Objective: Burma! | Comentarios (2) | Referencias (0)
Llido: 554 veces

Comentarios

Bonas nueites ... el casu ye que'l tipu esi que fizu esas declaraciones nun ye bercianu nin llïonés... ye de SantiaJo y vive en Salamanca XD Asina que de Llïonés poucu poucu ... asociaciones pantasmas qu'intentan invadinos...

Un saludu dende El Bierzu :)

Adrianu | 27-04-2006 06:04:17

NUN fastidies ????
entós como aquí!!!! que é de ... y vive en ...

:-D que risión !!!! y que ridiculo

inventor | 27-04-2006 10:59:44

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009