Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


16/05/2006

Orixen y futuro da "Fundación Vía Galego"

Cun INTERESANTÍSIMO Artículo del 14/10/2004 de Xosé Manuel Sarille (membro da dirección da Mesa y encargado de xestionar a creación da Fundación Vía Galego) vemos cuala é a orientación y futuro que vei ter a "Fundación Vía Galego" presentada el pasao 25/04/2006 con intervención del vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, y del Tenente Alcalde y Conceyal de Cultura de Santiago, Néstor Rego.




ARTIGO.- 'A xeneralización dunha nova táctica para o galego exterior', por Xosé Manuel Sarille

[Artigo publicado n' A Nosa Terra do 14 de Outubro de 2004 por Xosé Manuel Sarille (membro da dirección da Mesa e encargado de xestionar a creación da Fundación Vía Galego)]

No ano 2002, A Mesa pola Normalización Lingüística decidiu revisar o seu proxecto de traballo para as zonas xeográficas chamadas do galego exterior ou galego estremeiro. (Seguramente debería chamarse "galego non oficial", por ser esta a característica que fai da franxa asturiana, berciana, das Portelas e das poboacións de Extremadura, un todo semellante á hora de encarar a recuperación da lingua e a cultura).

Fixemos unha avaliación da actividade que A Mesa desenvolvera desde que en 1986 nos adentráramos naquela realidade, descoñecida para todos en Galiza, e comezáramos a colaboración cos compañeiros das que despois serían A Mesa para a Defensa del Galego de Asturias e A Mesa para a Defensa do Galego do Bierzo.

Fíxose naqueles primeiros anos un traballo esforzadísimo e diverso, mais pódese dicir, sen interese por esquecer nada, que os aspectos sobre os que máis se incidiu foron os seguintes:

a) a afirmación pública e a extensión da idea de que o que se falaba nesas terras era galego,

b) o labor de autoorganización, coa conseguinte produción de material propio, libros, revistas e encontros científicos,

c) dar a coñecer esta realidade através dos media,

d) reivindicación, diante das autoridades autonómicas de Galiza e de cada comunidade correspondente, do recoñecimento da lingua galega,

e) a impartición de galego optativo no ensino,

f) a elaboración no caso asturiano dunha norma propia para o galego daquela zona.

A respecto da subnorma asturiana, cómpre suliñar que desde Asturias se negaba que aquela fala pertencese ao corpus do galego e a confrontación estivo servida. Esta mesma experiencia de criar unha norma propia tamén se quixo reproducir en Extremadura sen chegar a resultados concretos.

Tamén se pretendeu facer que o galego fose lingua oficial de concellos, aprobándose na Veiga de Valcarce unha proposta que ao cabo dos anos non derivou en aumentos no uso en nengún ámbito. Este artigo non pretende restar importancia a nengunha medida, porque todas elas resultan ser incuestionabelmente máis positivas que a falta de acción, letal sempre para o idioma galego.

No Bierzo lográronse resultados máis palpábeis. Unha nova organización, Fala Ceibe, máis práctica e menos pendente do perfil filolóxico e da reafirmación conceptual do galego, e tamén con menos adversarios que en Asturias, e aprendendo dos erros anteriores, logrou que unha materia se imparta en galego en moitos centros de ensino, que se reciba a TVG e que o galego sexa materia de ensino na escola de idiomas de Ponferrada.

Foi a experiencia de Fala Ceibe e a nosa análise dos resultados obtidos desde o ano oitenta e seis, o que nos levou a buscar, para a nosa organización, para A Mesa pola Normalización Lingüística, unha nova táctica á hora de actuar nos territorios do galego non oficial. Isto non quere dicir que o novo método sexa o único válido. Sen dúbida haberá quen opine que hai mellores fórmulas e nós respectámolo. Aquí só se expón unha experiencia.

En 2002 consideramos que debíamos reconducir a acción. Pensábamos que o mellor xeito de recuperación do galego e a súa cultura non era unicamente seguir reafirmando o feito de que o idioma falado alí era o galego, nen seguir nesa liña de amosar estudos filolóxicos e vincular tan repetidamente galego con etnografía, que é moi respeitábel pero que deu tan malos resultados na normalización lingüística en Galiza. Desde o noso ponto de vista a reiteración permanente da idea de idioma, sen outra utilidade, esgótase en si mesma e non ten saída. Para que evolúan as cousas, para que a xente se sinta vinculada e mesmo para evitar confrontacións estériles como as das normas, cumpría oferecer propostas útiles que tivesen o noso idioma como simples emisor. Coidábamos que se debía oferecer algo máis, entre outras cousas unha maior vinculación coa realidade galega, unha maior circulación da cultura e da comunicación, case inexistente até agora.

E decidimos facer propostas de irmandamento entre concellos da comunidade autónoma galega cos daquelas terras. Un ano e pico antes das eleccións municipais comezamos a xeira e buscamos concellos que estivesen dispostos a ensaiar a nova táctica. E eran menos dos que nós pensábamos. Só demos con tres do galego non oficial (ao mellor había máis pero non demos con eles). O alcalde de Lubián, o de San Martiño de Trevello e a alcaldesa da Veiga de Valcarce amosáronse dispostos.

E buscamos dentro da comunidade autónoma, coa condición de que tivesen mar, que era un aliciente fundamental para cidadáns do interior. Falamos con Vilaboa, para que se vinculase coa Veiga e mostrouse disposto. Coas eleccións e o cambio de goberno todo ficou en nada.

Rianxo amosouse disposto a irmandarse con Lubián. A primeira negativa que recibimos foi dun concello emblemático e galeguista. Despois buscamos en Cedeira, e quixeron irmandanse con San Martiño de Trevello, en Extremadura. Agardamos a que pasasen as eleccións e xa non foi factíbel ese irmandamento.

Hai somentes uns meses falamos co novo goberno de Moaña, o seu alcalde comprendeu rapidamente a nova estratexia e decidiu vincularse, sen irmandarse, con San Martiño de Trevello. Fixemos unha viaxe a Extremadura para que se coñecesen os dous alcaldes e desde aí xurdiu a nova colaboración que xa deu lugar a un importante encontro nos Tres Llugaris, con músicos, magos e escritores de Galiza.

Nestes anos tamén se desenvolveron outras actividades desde o xerme da Fundación Via Galego, da Mesa. En colaboración con Alto Minho de Lugo, CAF, Ateneo Ferrolán, Medulio e Artabria, desenvolvéronse campañas de recollidas de libros para entregar ás escolas e institutos desas terras, xestionouse a presentación de Biblos Clube de Lectores en Ponferrada, e con Fala Ceibe activáronse campañas para que os rapaces se matriculen nas aulas en lingua galega.

Todo isto configura unha nova táctica. Trátase de insistir menos nas cuestións teóricas, na reafirmación científica e máis de levar a cabo accións que se integren na vida común dos cidadáns.

Hai uns días, o Concello de Ferrol decidiu pór en marcha unha actividade idéntica, de buscar concellos que se irmanden cos do exterior, que colaboren facendo actividades, intercambiando produtos, visitándose. Nós desexámoslles todo o éxito do mundo e estamos seguros de que traballarán duro para lograr resultados. Deste xeito nós pasaremos a facer outros labores, no galego exterior ou noutros ámbitos, tantos e tan desprotexidos. Que teñan sorte e atopen boa acollida. Nós conformámonos con saber que non erramos cando propuxemos a nova práctica de traballo. Ninguén ten o deber de falar dela, mais nós temos a obriga de dala a coñecer. Buscamos novos estímulos que todos poidan continuar. Porque somos unha organización seria que se compromete na busca de novas vías que superen as anteriores cando están anquilosadas.

A Mesa pola normalización lingüística,
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=382
http://www.anosaterra.com





A Mesa presenta a Fundación Via Galego:

O colectivo cidadán advirte de que se está a incumprir o acordo de goberno nesta materia

O día 25 de abril, ás 20 horas no Hotel NH de Santiago de Compostela desenvolverase o cóctel de presentación da Fundación Via Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística. Na presentación intervirán Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta, e Néstor Rego, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura de Santiago.

Ademais, presentarán os trazos xerais da Fundación os seguintes membros do seu Padroado: Carlos Callón, María Xosé Jamardo, Enrique Sáez Ponte, Quico Cadaval e Xavier Alcalá. Tamén son membros do Padroado da Fundación Via Galego as seguintes persoas: Xavier Vence, Bernardo Penabade, Pilar García Negro, Miguel Barros, Carmen González Boo, Susana Romero e Fátima Braña.

Funcións e obxectivos de Via Galego

A principal finalidade da Fundación Via Galego é impulsar o achegamento e facilitar a circulación cultural entre os países do sistema lingüístico galego-portugués: propiciar a relación cultural de Galiza con Brasil, Portugal e os outros territorios de lingua portuguesa e coas colectividades emigradas e outras relacionadas con este sistema lingüístico.

Ademais, a Fundación apoiará as organizacións, grupos, colectivos e institucións que traballan pola normalización do galego nos lugares de Extremadura de lingua galega e nas franxas das comunidades asturiana e castelán-leonesa. En xeral, pretende ser un "lugar de encontro" das organizacións que traballan en favor da normalización lingüística e do encontro cultural dos países do sistema lingüístico galego-portugués.

É alarmante a carencia de relacións culturais de Galiza cos outros países do sistema lingüístico galego-portugués. Unha situación que variou pouco nas últimas décadas e que é superada a estas alturas pola interrelación do mundo empresarial (o intercambio comercial entre Galiza e Portugal multiplicouse por 200 nos últimos 20 anos). Paradoxos dun país que continúa a ter unha cultura debilitada.

A Fundación non só proxectará unha nova liña de traballo en relación ao Brasil, Portugal e todo o que iso significa, senón tamén concibindo a acción social da lingua como propicia á influencia, á comunicación e sobre todo á suxestión, fundamental esta última para integrar moitas forzas e esforzos actualmente dispersos, erráticos ou desanimados, tanto no referente ás relacións cos países de lingua portuguesa como na práctica normalizadora. Cómpre que estas ideas da circulación cultural, a influencia e a comunicación triúnfen tamén no referido ás zonas do chamado "galego exterior" ou "galego estremeiro", isto é, os territorios galego-falantes pertencentes ás comunidades autónomas de Castela León, Asturias e Extremadura onde a lingua que compartimos aínda non goza de oficialidade.

Con este proxecto non se tenta continuar ou volver abrir o debate normativo. O obxectivo é lograrmos romper a situación de "costas viradas" coas culturas que nos son máis próximas, a comezar pola portuguesa. Roza o absurdo que as xentes galegas, que por ser dunha expresión tan semellante á luso-brasileira teñen o privilexio de se poderen asomar sen dificultades a unha cultura riquísima, non saiban que o poden facer. A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego, non sabe que ten capacidade para ler en portugués e que ten posibilidades de se adentrar nese mundo se quixeren; isto é, calquera rapaz ou rapariga que cursase galego durante algún tempo é capaz de ler en portugués, porén non é sabedor diso.

bvg, 24/04/2006
http://bvg.udc.es/novas/todoMESA.jsp





Nace a ‘Fundación Vía Galego’ para potenciar o galego-portugués
A nova entidade foi creada ao amparo da Mesa pola Normalización Lingüística

Redacción/COMPOSTELA
A Mesa pola Normalización Lingüística vén de presentar en Santiago de Compostela a "Fundación Vía Galego", un proxecto que ten como principal finalidade a de "impulsar o achegamento e facilitar a circulación cultural entre os países do sistema lingüístico galego-portugués: propiciar a relación cultural de Galiza con Brasil, Portugal e os outros territorios de lingua portuguesa e coas colectividades emigradas e outras relacionadas con este sistema lingüístico".

No acto interviron o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e Néstor Rego, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura de Santiago, así como os membros do Padroado Carlos Callón, María Xosé Jamardo, Enrique Sáez Ponte, Quico Cadaval e Xavier Alcalá. Tamén son membros do Padroado da Fundación Xavier Vence, Bernardo Penabade, Pilar García Negro, Miguel Barros, Carmen González Boo, Susana Romero e Fátima Braña.

Ademais dos devanditos obxectivos, a Fundación tamén apoiará as organizacións, grupos, colectivos e institucións que traballan pola normalización do galego nos lugares de Extremadura de lingua galega e nas franxas das comunidades asturiana e castelán-leonesa. En xeral, pretende ser un "lugar de encontro" das organizacións que traballan en favor da normalización lingüística e do encontro cultural dos países do sistema lingüístico galego-portugués.

Segundo a valoración dos responsables desta nova institución, "é alarmante a carencia de relacións culturais de Galiza cos outros países do sistema lingüístico galego-portugués. Unha situación que variou pouco nas últimas décadas e que é superada a estas alturas pola interrelación do mundo empresarial (o intercambio comercial entre Galiza e Portugal multiplicouse por 200 nos últimos 20 anos). Paradoxos dun país que continúa a ter unha cultura debilitada".

A Fundación non só proxectará unha nova liña de traballo en relación ao Brasil, Portugal e todo o que iso significa, senón tamén "concibindo a acción social da lingua como propicia á influencia, á comunicación e sobre todo á suxestión, fundamental esta última para integrar moitas forzas e esforzos actualmente dispersos, erráticos ou desanimados, tanto no referente ás relacións cos países de lingua portuguesa como na práctica normalizadora", e sinalan que "cómpre que estas ideas da circulación cultural, a influencia e a comunicación triúnfen tamén no referido ás zonas do chamado galego exterior ou galego estremeiro, isto é, os territorios galego-falantes pertencentes ás comunidades autónomas de Castela León, Asturias e Extremadura onde a lingua que compartimos aínda non goza de oficialidade".

Xogo de espellos
Esta Fundación "concíbese dentro dun xogo de espellos coa Mesa pola Normalización Lingüística" e, en contraste coa Mesa, "levará a cabo un traballo distinto, procurando impulsar moitas iniciativas, varias delas totalmente innovadoras, e non sempre con aparato público".
Ademais de se preocupar por cuestións de formación e laboratorio de ideas sobre normalización lingüística, a Fundación centrarase na circulación cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-portugués.


Os problemas da transversalidade

A política levada a cabo nos anos pasados demostra que "non é posíbel unha práctica transversal sobre a circulación cultural cos países de lingua portuguesa que estea intimamente mesturada coas reivindicacións clásicas da normalización", segundo os responsables da fundación, que precisan que se fai preciso "que esa transversalidade proceda doutra fonte, cun grao alto de iniciativa autónoma, coa sua propia tensión práctica".

Con este proxecto, inciden, "non se intenta continuar ou volver abrir o debate normativo. O obxectivo é lograrmos romper a situación de costas viradas coas culturas que nos son máis próximas, a comezar pola portuguesa".

Para os promotores da Fundación "roza o absurdo que as xentes galegas, que por ser dunha expresión tan semellante á luso-brasileira teñen o privilexio de poder asomarse sen dificultades a unha cultura riquísima, non saiban que poden facelo. A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego, non sabe que ten capacidade para ler en portugués e que ten posibilidades de se adentrar nese mundo se quixeren; isto é, calquera rapaz ou rapariga que cursase galego durante algún tempo é capaz de ler en portugués, porén non é sabedor diso".

A Peniera Dixital, ANO XXII - Nº 414, 1ª QUINCENA MAIO
http://www.apeneira.com/lingua_educacion/lingua_educacion_414.htm





FUNDACIÓN VÍA GALEGO

Esta Fundación concíbese dentro dun xogo de espellos coa Mesa pola Normalización Lingüística: unha complementariedade en varios aspectos, como os traballos públicos e vías de resolución de problemas ou xestións. A Fundación, en contraste coa Mesa, levará a cabo un traballo distinto, procurando impulsar moitas iniciativas, varias delas totalmente innovadoras, e non sempre con aparato público.

Ademais de se preocupar por cuestións de formación e laboratorio de ideas sobre normalización lingüística, a Fundación Vía Galego centrarase na CIRCULACIÓN CULTURAL cos outros territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-portugués.

É alarmante a carencia de relacións culturais de Galiza cos outros países do sistema lingüístico galego-portugués. Unha situación que non variou nada nas últimas décadas e que é superada a estas alturas pola interrelación do mundo empresarial (o intercambio comercial entre Galiza e Portugal multiplicouse por 200 nos últimos 20 anos). Paradoxos dun país que continua a ter unha cultura debilitada.

A política levada a cabo nos anos pasados demostra que non é posíbel unha práctica transversal sobre a circulación cultural cos países de lingua portuguesa que estea intimamente mesturada coas reivindicacións clásicas da normalización. Faise preciso que esa transversalidade proceda doutra fonte, cun grao alto de iniciativa autónoma, coa sua propia tensión práctica.

Mais a Fundación non só proxectaría unha nova liña de traballo en relación ao Brasil, Portugal e todo o que iso significa, senón tamén concibindo a acción social da lingua como propicia á influencia, á comunicación e sobre todo á suxestión, fundamental esta última para integrar moitas forzas e esforzos actualmente dispersos, erráticos ou desanimados, tanto no referente ás relacións cos países de lingua portuguesa como na práctica normalizadora que até agora se levou a cabo.

Con este proxecto non se intenta continuar ou volver abrir o debate normativo. O obxectivo é lograrmos romper a situación de "costas viradas" coas culturas que nos son máis próximas, a comezar pola portuguesa. Roza o absurdo que as xentes galegas, que por ser dunha expresión tan semellante á luso-brasileira teñen o privilexio de poder asomarse sen dificultades a unha cultura riquísima, non saiban que poden facelo. A maioría da poboación alfabetizada, que xa sabe ler e escribir en galego, non sabe que ten capacidade para ler en portugués e que ten posibilidades de se adentrar nese mundo se quixeren; isto é, calquera rapaz ou rapariga que cursase galego durante algún tempo é capaz de ler en portugués, porén non é sabedor diso

A Mesa
http://www.amesanl.org/fundacion/





Relacionao cuesta notia tamén temos:
http://fiyosdenicer.bitacoras.com/archivos/2006/04/19/porque-debemos-queremos-y-temos-a-nosa




Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 318 veces

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009