ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
14/06/2006
El parlamento gallego, ademáis d'amañar os sous problemas, ten vagar de preocupase dos nosos «amparado dende el punto de vista normativo, pos as llocalidades gallegofalantes de Castella y Lleón, Asturias y Estremadura tan reconocidas nel Estatuto, na Llei de Normalización Llingüística y nel Plan Xeneral de Normalización» (según Bieito Lobeira del BNG)
A Directora Xeneral de Política Llingüística de Galicia, Marisol López, reconoceu os argumentos del deputado del BNG y coincidiu na necesidá d'un debate p'abrir camios...
NUNA INTERVENCIÓN NEL PARLAMENTU DE GALICIA
La responsable de Política Llingüística de Galicia diz que’l gallego-asturianu ye una "llingua nueva"
La Directora Xeneral de Política Llingüística de Galicia Marisol López declaró ayeri nel parlamentu gallegu que, contra les bones rellaciones que tien el so departamentu con Castiella y Lleón, la situación con Asturies ye "mas complicada" porque equí "el Gobiernu y l'Academia de la Llingua decidieron sofitar una llingua nueva que ye'l gallego-asturianu" en cuenta de defender el gallegu.
Les declaraciones de la Directora Xeneral de Política Llingüística de Galicia Marisol López tuvieron llugar ayeri nel marcu d'una comparecencia en Parlamentu de Galicia pa retrucar na Comisión de Cultura a una entruga plantegada pol diputáu del BNG Bieito Lobeira. La entruga del diputáu del BNG trataba sobre les polítiques poles que ta mandándose'l Gobiernu gallegu pa fomentar l'idioma gallegu no que dende Galicia se defende como les sos zones d'influyencia esteriores.
La titular de Política Llingüística gallega esplicó qu'en Castiella y Lleón reciben clas de gallegu cerca d'ochocientos escolinos d'infantil, primaria y secundaria y que ta plantegándose enanchar l'actual conveniu pal enseñu del gallegu y la formación de los profesores inxertando l'idioma gallegu nel sistema educativu de la comunidá autónoma. Sicasí, el casu asturianu ye más abegosu pa la titular de Política Llingüística gallega, que pretende esparder l'enseñu del gallegu pel territoriu del Navia-Eo . López dixo nesti sentíu que "anque la Xunta de Galicia intenta apautar pontes con Asturies, ello nun resulta fácil" reconociendo que "entovía nun se llograron negociar nin siquiera plazos pa llograr alcuerdos concretos" acusando de la falta d'alcuerdu "al enfotu del Gobiernu asturianu y l'Academia de la Llingua de crear una llingua nueva que ye'l gallego-asturianu".
La responsable de Política Llingüística de la Xunta esplicó que se firmaren convenios cola Generalitat de Cataluña pa impartir cursos de gallegu y col Institutu Cervantes pa llevar l'enseñu del gallegu al estranxeru, afirmando qu'ún de los problemes que se-y presenten al enseñu del gallegu fuera de Galicia ye'l de la falta d'oficialidá, polo que'l so departamentu plantégase "l'oxetivu d'intentar llograr esi reconocimientu nestes árees d'influyencia del gallegu".
El diputáu del BNG Bieito Lobeira afirmó na mesma sesión que ye preciso "garantizar el derechu de los alumnos d'estes zones de fuera de Galicia a poder escolarizase en gallegu" defendiendo que se dean pasos pal reconocimientu del gallegu "con subvenciones y incentivos a los medios de comunicación d'eses zones pa qu'empleguen el gallegu".
ASTURIES.COM, 09/06/2006
http://www.asturies.com/noticia.php?cod=25945
O BNG pide un debate "sereo" e "sensato" para defender o galego nos territorios que non forman parte dos límites administrativos de Galiza
Bieito Lobeira lamenta que este debate abra feridas e lembra que o BNG o propón dende o respeto ás competencias das outras Comunidades Autónomas
Santiago de Compostela, 8 Xuño 06.
O deputado do BNG Bieito Lobeira reclamou hoxe un debate "sereo" e "sosegado" para defender e incrementar a presenza do galego en territorios que non forman parte do País, sempre a través da sinatura de convenios con "obrigas recíprocas", que non imposición, coas respectivas Comunidades Autónomas.
Durante a defensa en comisión dunha pregunta sobre este asunto, Lobeira lamentou que este debate abra feridas e lembrou que está amparado dende o punto de vista normativo, pois as localidades galegofalantes de Castela e León, Asturias e Extremadura están recoñecidas no Estatuto, na Lei de Normalización Lingüística e no Plano Xeral de Normalización.
A Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, recoñeceu os argumentos do deputado do BNG e coincidiu con el na necesidade de que se dea un debate para abrir camiños que permitan chegar a esas comunidades, mais lembrou como principais escollos a falta de oficialidade e cooficialidade do galego e a imposibilidade competencial.
Neste sentido, o parlamentar nacionalista afirmou que se trata máis dunha cuestión de vontade e de actitude que de competencias, "que o BNG non pon en dúbida", e insistiu en que a fórmula para adoptar medidas sería a través da sinatura de convenios, como o que existe con Castela e León.
Para Lobeira é posíbel, e puxo como exemplo a diferenza entre a reacción "desproporcionada" do presidente da Junta de Andalucía, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, e o recientísimo convite da localidade do Val de Ellas ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.
Pola súa parte, Marisol López recoñeceu que non está sendo o mesmo negociar con Castela e León que con Asturias, de tal xeito que para este ano só pode confirmar que se vai renovar o convenio que xa hai con Castela, introducindo melloras que permitan acoller a máis centros para impartir o galego e estudar outro tipo de accións, como o intercambio entre escolares.
A secretaria xeral engadiu que dentro de dúas semanas está prevista a reunión da Comisión Mixta de seguimento do dito convenio co obxecto, non só da súa renovación -remata a súa vixencia en Xullo- senón tamén para que inclúa a participación da consellaría de Educación, toda vez que agora Política Lingüística non depende deste departamento, como no momento da súa sinatura.
Sobre Asturias, Marisol López dixo que si houbo contactos, se están intentando estabelecer pontes mais recoñeceu que non estaba resultando nada fácil, entre outras cousas porque tanto o goberno do Principado como a Academia da Lingua Asturiana consideran que o que existe é unha lingua nova: o "gallego-asturiano".
Bieito Lobeira valorou que se mellore o convenio con Castela e León e asumiu algúns dos atrancos expostos pola secretaria xeral mais reiterou que se pode ir traballando na restitución da toponimia, na redacción de estudos sociolingüísticos ou na organización de cursos de galego e campañas de fomento da leitura.
BNG, 08/06/2006
http://bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=
1145846173162&pubid=1129005357262&idm=Galego
Pontes difíciles de tender
Política Lingüística revisará en dúas semanas o convenio subscrito en 2001 con Castela-León para incluír de forma oficial o ensino en galego nesta comunidade fronteiriza
A Secretaría Xeral de Política Lingüística revisará nun prazo de dúas semanas o convenio subscrito no 2001 con Castela-León, que establece a formación e capacitación do persoal que imparte cursos de lingua galega na comunidade castelá, para incluír de maneira oficial o ensino en galego e desta lingua.
Así o anunciou onte a responsable do citado departamento, Marisol López, en resposta a unha pregunta oral do deputado do BNG Bieito Lobeira no marco da Comisión de Educación e Cultura sobre o incremento da presenza do idioma galego en territorios que non forman parte de Galicia, e destacou que "o ensino da lingua galega ou en galego debe estar incluída" no citado convenio lingüístico.
López lembrou que polo citado convenio, a Xunta se comprometía a apoiar tecnicamente a formación dos profesores que imparten a lingua galega, así como o envío de materiais.
En relación coa situación en Asturias, Marisol López destacou que esta é "máis complexa". Neste sentido, comentou que, aínda que existen contactos, o goberno do Principado e a Academia da Lingua Asturiana decidiron defender tamén unha "non lingua" que consideran "o galego-asturiano".
Impártese en 12 centros de infantil
Na actualidade, en Castela-León neste curso 12 centros de Infantil e Primaria imparten clases en galego do equivalente en Galicia a Coñecemento do Medio, que agrupan 723 alumnos; así como catro institutos, que reúnen 57 alumnos; e outros 72 que cursan galego en 4 da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada.
Que vai pasar co Bierzo e Zamora
O deputado nacionalista Bieito Lobeira considerou "importante" pór medidas de diálogo coas comunidades autónomas afectadas e establecer convenio "con obrigas recíprocas". Lobeira lembrou que fóra de Galicia existen territorios "de lingua e cultura galega", como O Bierzo, Eo-Navia (Asturias), e As Portelas de Seabra, en Zamora, que non contan con recoñecemento oficial, como é o caso das localidades galegofalantes de Cáceres, que conforman o Val de Ellas.
Contactos con Estremadura
Marisol López insistiu en que a Xunta trata de "establecer pontes" con Asturias pero, matizou, "non é nada doado". Dixo que o seu departamento espera facer achegamentos e avanzar na colaboración con Asturias para iniciar os contactos con Estremadura con respecto ó galego e ofrecerlle apoio nesta materia como a Castela-León e a Asturias.
Galicia-hoxe, 09/06/2006
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idNoticia=53282
Tensión por definir el gallego-asturiano
La directora general de Política Lingüística de Galicia, Marisol López, elogió las clases de gallego que reciben escolares de Castilla y León pero dijo que la "situación con Asturias es más compleja", porque el Principado y la Academia de la Llingua "decidieron apoyar una nueva lengua, que es el gallego-asturiano" y añadió que no era fácil tender puentes.
La Voz de Asturias, 09/06/2006
http://www.lavozdeasturias.com/noticias/noticia.asp?pkid=277452
Fronteiras, acordos e discrepancias
O ensino de galego e en galego será oficial en Castela e León segundo o convenio que a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto asinar en dúas semanas con esta comunidade. Con este acordo, a Xunta apoiará tecnicamente a formación de profesores e achegará material aos centros que impartan a nosa lingua. A responsable do departamento de normalización, Marisol López, recoñeceu que a situación con Asturias é "máis complexo" e que agarda desenvolver actuacións semellantes con outros territorios galegofalantes.
CULTURAGALEGA.ORG, 09/06/2006
http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=8144
Sociedad y cultura
A Xunta ultima un acordo con Castela e León para incluir oficialmente o uso do galego no ensino reglado
A secretaria xeral de Política Lingüística recoñece que a situación do idioma no Principado de Asturias e "complexa
A comunidade autónoma galega asinará próximamente coa de Castela e León un acordo polo que esta última incluirá o uso do galego no ensino reglado, segundo sinalou na Comisión Parlamentaria de Educación e Cultura secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, en resposta a unha pregunta formulada polo diputado nacionalista Bieto Lobeira.
Marisol López dixo que un dos problemas que se presentan para incrementar a presencia do idioma galego nos territorios que non forman parte da comunidade autónoma galega é a falta de oficialidade ou de cooficialidade. Segundo constatou, a situación do galego no exterior, con non ser boa, e no caso do Principado de Asturias a máis "complexa".
En Castela e León, a secretaria xeral dixo que un dos aspectos favorables é que a lingua galega aínda ten unha transmisión familiar importante e unha certa presencia no ensino, que conta neste caso concreto "cun recoñecemento legal", dixo. Engadiu que, de feito, con Castela e León hai un acordo neste sentido que data do ano 2001 e polo que a Xunta se comprometeu a apoiar a formación do profesorado se fose preciso para impartir o galego, así como aportar os materiais precisos para a súa potenciación. Dito convenio está a punto de rematar, polo que Marisol López informou que no plazo de dúas semanas reunirase a comisión encargada deste tema para renovalo.
A secretaria xeral afirmou que nesta ocasión cabe incluso a posibilidade de ampliar a colaboración a máis centros, que no curso 2005-2006 resúmese na impartición de clases de galego a 723 alumnos en centros de Primaria. Tamén participan catro Institutos de Enseñanza Secundaria, con 54 alumnos que estudian galego, mentres que outros 74 fano na Escola Oficial de Idiomas da comunide autónoma veciña.
Asturias
Fronte a esta situación, a do uso do galego no Principado de Asturias dixo a secretaria xeral que e "máis complexa", entre outras razóns porque a Real Academia da Lingua asturiana decidiu defender unha nova lingua que denomina a galego-asturiana. Marisol López afirmou que "se están a intentar establecer pontes", pero recoñeceu que non é dodado.
En relación con Extremadura, onde está localizado outro dos enclaves no que tamén se fala galego, a responsable de Política Lingüística da Xunta dixo que tamén se tratarán de estreitar as relacións, aportando o apoio que se precise para impulsar tamén alí o seu uso.
galicia diario, 08/06/2006
http://www.galiciadiario.com/web/notic.php?ide=3295
Por: FdN | Mars Attacks! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 269 veces