ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
28/09/2006
¿acordaisvos de cúal é el colmo d'un asturiano? ..... Qu'un lleonés pida que falemos gallego, y que lo poñan nel estatuto da comunidá autónoma ¡GALLEGA!. [06/04/2006].
Pos...pasan os meses, y siguen insistindo nel "chiste":
«.....Alem do mais, é legítimo e justo que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Comunidade Autónoma Galega, o Berzo, a Alta Seabra, e o Návia-Eu), tenham reconhecidos iguais direitos lingüísticos, para salvar as dicriminaçons que sofrem os e as habitantes dos três territórios estremeiros com o idioma galego sem declaraçom de oficialidade.....»
Fala Ceive do Berzo faz pedimento de ajuda para um maior reconhecimento estatutário do galego
Quarta, 20 Setembro 2006 (10:00)
Por Xabier Lago Mestre
Presidente de Fala Ceive do Berzo
A Associaçom Cultural Fala Ceive do Bierzo (www.falaceibe.tk), dirige-se à cidadania do Berzo e do conjunto da Galiza em pedimento de ajuda para demandar ante as Cortes de Castela e Leom umha maior protecçom da língua galega na reforma do Estatuto de Autonomia desta Comunidade Autónoma.
Pretendemos mais reconhecimento legal para o galego do Berzo e a Alta Seabra, que permita a necessária normalizaçom lingüística destes dous territórios. Neste sentido a declaraçom de oficialidade do galego deve ter lugar no devandito Estauto de Autonomia, o qual permitiria o uso administrativo deste idioma nas instituiçons públicas.
Alem do mais, é legítimo e justo que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Comunidade Autónoma Galega, o Berzo, a Alta Seabra, e o Návia-Eu), tenham reconhecidos iguais direitos lingüísticos, para salvar as dicriminaçons que sofrem os e as habitantes dos três territórios estremeiros com o idioma galego sem declaraçom de oficialidade.
Fala Ceive lembra que já a pressom social e política tivo os seus resultados positivos em 1998, quando se conseguiu a inclusom da língua galega no actual Estatuto de Autonomia de Castela e Leom, que ficou recolhida da seguinte forma: «Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen» (artigo 4.2). Agora temos que exigir umha redacçom alternativa que melhore protecçom do galego cum novo artigo.
Esta actual conjuntura política de reforma estatutária, deve ser aproveitada pola cidadania para participar activamente, mediante a oferta de propostas favoráveis ao reconhecimento de mais direitos, caso dos lingüísticos. Estamos ante umha oportunidade histórica para conseguir umha maior protecçom legal do idioma galego que precisa da mobilizaçom social e política. E isto é assim poque cremos firmemente que no fundo deste debate político esta em jogo a própria existência futura do galego, tanto no Berzo como na Alta Seabra.
Fala Ceive anima de novo a cidadania do Bierzo e, especialmente, a da Comunidade Autónoma Galega, as suas instituiçons (Parlamento, Junta, Conselhos da Cultura Galega, Universidades, etc.), os partidos políticos, sindicatos, associaçons (culturais, juvenis, etc.), os meios de comunicaçom e demais para que remetam as suas cartas e declaraçons oficiais à Comissom de Reforma do Estatuto de Autonomia das Cortes de Castela e Leom (www.ccyl.es), em demanda dumha maior protecçom legal para a língua galega do Berzo e a Alta Seabra. Os escritos dirigirám-se à «Comissom de reforma del Estatuto de Autonomia, Cortes de Castill y León. 47194 Fuensaldaña». As ditas cartas, deverám chegar ao seu destino antes de 29 de Novembro de 2006, data em que se aprovará definitivamente o Estatuto polo pleno das Cortes de Castela e Leom.
AGAL, 20/09/2006
http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3164
PEDIMENTO DE AXUDA PARA UN MAIOR RECOÑECEMENTO DO GALEGO DO BIERZO.
PEDIMENTO DE AXUDA PARA UN MAIOR RECOÑECEMENTO ESTATUTARIO DO GALEGO.
A Asociación cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk) diríxese á cidadanía de O Bierzo e de Galiza en pedimento de axuda para demandar ante as Cortes de Castela e León unha maior protección da lingua galega na reforma do Estatuto de Autonomía desta Comunidade Autónoma. Pretendemos máis recoñemento legal para o galego de O Bierzo e da Alta Seabra que permita a necesaria normalización lingüística destes dous territorios. Neste sentido a declaración de oficialidade do galego debe ter lugar no devandito Estatuto de Autonomía, o cal permitiría o uso administrativo deste idioma nas instituciois públicas. Ademáis é lexítimo e xusto que todas as comunidades galego-falantes do noroeste peninsular (Galiza, Navia-Eo, O Bierzo e A Alta Seabra) teñan recoñecidos iguais dereitos lingüísticos, para salvar as discriminaciois que sofren os habitantes dos tres territorios estremeiros con idioma galego sen declaración de oficialidade.
Fala Ceibe lembra que xa a presión social e política tivo os seus resultados positivos en 1998, cando se conseguiu a inclusión da lingua galega no actual Estatuto de Autonomía de Castela e León, que quedou recollida da seguinte forma: "Gozarán de respeto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen" (artículo 4.2). Agora temos que esixir unha redacción alternativa que mellore a protección do galego cun novo artículo. Esta actual conxuntura política de reforma estatutaria debe ser aproveitada pola cidadanía para participar activamente, mediante a oferta de propostas favorables ao recoñecemento de máis dereitos, caso dos lingüísticos. Estamos ante unha oportunidade histórica para conseguir unha maior protección legal do idioma galego que precisa da mobilización social e política. E isto é así porque cremos firmemente que no fundo deste debate político está en xogo a propia existencia futura do galego, tanto en O Bierzo coma na Alta Seabra.
Fala Ceibe anima de novo á cidadanía de O Bierzo e, especialmente á de Galiza, ás súas instituciois (Parlamento, Xunta, Consello da Cultura Galega, universidades, etc), os partidos políticos, os sindicatos, as asociaciones (culturais, mocidade...), os medios de comunicación e demais para que remesen as súas cartas e declaraciois oficiais á Comisión de reforma do Estatuto de Autonomía, das Cortes de Castela e León (www.ccyl.es), en demanda dunha maior protección legal para a lingua galega de O Bierzo e maila Alta Seabra. Os escritos dirixiranse a: "Comisión de reforma del Estatuto de Autonomía, Cortes de Castilla y León, 47194 Fuensaldaña". A ditas cartas deberán chegar ao seu destino antes do 29 de novembro de 2006, data en que se aprobará definitivamente o Estatuto polo pleno das Cortes de Castela e León. ¡Grazas a todos e todas pola vosa axuda solidaria!.
Ponferrada, setembro de 2006.
Xabier Lago Mestre, Pte.de Fala Ceibe do Bierzo.
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://obierzoceibe.blogspot.com
Fala Ceibe é un colectivo cultural con sede en Ponferrada (O Bierzo) coa principal misión de promover e defender o uso da língua galega na comarca fronteiriza do Bierzo.
Ademáis da língua propia do actual territorio da Comunidade Autonoma de Galicia, o galego é o idioma orixinario das comarcas limítrofes orientais de: O Bierzo, o Eo-Navia e As Portelas.
Porque o ben máis prezado do noso povo: a nosa cultura e a nosa língua, non pode morrer, apoia a nosa loita. Castelao faríao.
http://agora.ya.com/falaceive/index.html
Que somos e que é que facemos
Martes, 30 de Maio do 2006
Para explicar o que é que somos FALA CEIVE, e que é o que facemos imos colar uns excertos dos Estatutos da nosa asociación cultural.
No artigo 1º, declara-se que FALA CEIVE, é unha Asociación Cultural para a defesa e promoción da Cultura e da Língua Galegas.
Que se completa co disposto na disposición adicional quinta:
FALA CEIVE, e unha Asociación Cultural, independente de partidos políticos, organizacióis relixiosas ou de cualquer outro tipo, opondo-se a discriminación por razóis de xénero, raza ou pensamento, respeitando o pensamento de cada un dos seus sócios e sócias.
No artigo 2º, define-se o noso ámbito fundamental de actuación, como o da Comarca do Bierzo, definido na Lei da C.A. de Castela e León 1/91 de 14 de Marzo, pola que se cria e regula a comarca do Bierzo.
No artigo 4º estabelecen-se os fins de FALA CEIVE, que son:
1/ O Impulso a normalidade plena nos usos da língua galega en todos os campos: ensino, administración pública, relixión, xustiza, meios de comunicación, novas tecnoloxias, ócio; favorecendo o desenvolvimento pleno e o viver normal na própria língua dos habitantes galegófonos e das zonas galegófonas, nos territórios sinalados no artigo 2º, asi como a transmisión interxeracional da nosa língua e da cultura que nos marca, legado recebido dos nosos pais e avós.
2/ A defesa e protección dos direitos linguísticos, individuais e colectivos, para garantir a normalidade da nosa língua, reclamando para a mesma á protección legal e o cumprimento do disposto na Carta Europeia para as Línguas Minoradas.
3/ A realización de todo tipo de actividades culturais, nomeadamente cursos e seminários de cara a mellorar a formación de afiliados/as, simpatizantes, e do noso entorno social.
4/ O estreitamento dos lazos culturais e vitais cos territórios e comunidades informados pola mesma realidade cultural e linguística.
5/ O estabelecimento de acordos de colaboración cos organismos, asociacións e grupos que visen a normalización da língua galego-portuguesa ou galega, nos territórios con esta língua na C.A. de Castela e León, e noutras comunidades autónomas do estado español.
Esa declaración dos nosos fins, nós, relacionamo-la coa disposición adicional segunda do Estatutos que di:
FALA CEIVE, apreza, valora e impulsa, o apoio mutuo cos movimentos a prol da língua asturo-leonesa.
Para FALA CEIVE, o Bierzo é unha unidade, onde as (pequenas) diferenzas linguisticas territoriais orixinárias, non son obstáculo, como nunca o foran, para todos orgullarmonos da nosa condizón comun de berzianos e promover o coñecimento das distintas realidades linguísticas próprias que nos caracterizan, as do galego-portugués ou galego e as do asturo-leonés ou galaico oriental, galor. (segundo o linguista Coseriu).
Para FALA CEIVE o apoio mutúo e solidário destas duas nosas línguas tan próximas e intimamente unidas desde a sua orixe (duas variantes do protogalaico), son un dos mellores instrumentos para levar adiante os fins da nosa asociación con suceso.
Para FALA CEIVE, o noso ben mais prezado é a língua. É o cerne da nosa cultura; é con ela que estamos no mundo, no universo galego-português; ela fai sermo-nos como somos.
Se tu compartes connosco iso mesmo, unete-nos, pois é muito o traballo a fazer e cumpren brazos. Onde queira que tu estexas non estarás só. Na tua aldeia, no teu concello, no teu traballo... tamén se pode constituir un grupo de FALA CEIVE, por pequena que sexa a tua aportación sempre será muito, pois cada quen pode segundo as suas capacidades e a ninguén se pon chatas. Aproveita-te, que nestá mesma página web xá podes inciar ese contacto
http://www.ciberirmandade.org/falaceive/content/view/2/4/
Por: FdN | Objective: Burma! | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 207 veces