Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Fiyos de Nicer

Fiyos de Nicer

ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS

COLABORACIOIS


apúrrenos as túas opiniois
¡vamos publicallas!

AVISO
d'actualizaciois

CONDO poñais NOVAS

qué é esto?

Búsqueda:

Apocalipsis

Humor

Documentación



¿¿¿QUÉN???

¿DAS A CARA?

AXUDANOS





Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com


24/10/2006

Xornadas de Formación cultural y GALLEGUISTA a cargo d'un """eonaviego"""

Muitos acordareisvos das Xornadas da Escola Fermín Penzol (Ribadeo, 28-30/10/2005) nas que con búas palabras y bon "rollito" analizouse a realidá del ¿¿¿gallego n'Asturias??? dende Galicia y que como actividá "extra" tía a visita a un magosto en Santiso d'Abres que sirviu pr'apoyar a candidatura gallego-portuguesa a patrimonio inmateria da UNESCO 2005.

Pos agora chegan as SEGUNDAS Xornadas da Escola Fermín Penzol (Cacabelos y Vilafranca, 27-29/10/2006) que como diz a WEB d'úa das asociaciois participantes son úas "Xornadas de Formación cultural e galeguista" (que súa a "FORMACIÓN NEL ESPÍRITU NACIONAL") y nas que participara un conocido """eonaviego""" falando da música tradicional del """Eo-Navia""" , y nas qu'al final del día podrá escuitarse úas pezas musicales intrepretadas por gaiteiros """eonaviegos""" .

Ente el amplio curriculum d'este conferenciante """eonaviego""" ta el poñer a "Federación d'Asociacióis del Occidente" a defender qu'a candidatura gallego-portuguesa a patrimonio inmateria da UNESCO incluyera el occidente d'Asturias.









Xornadas de Formación cultural e galeguista

II ESCOLA DE FORMACIÓN PERMANENTE FERMÍN PENZOL

celebrara-se nas localidades de Cacabelos e Vilafranca Os dias 27, 28 e 29 de outubro de 2006

Por segundo ano, a Universidade de Vigo, coa colaboración da Fundación Penzol (Fermín Penzol foi un galeguista berziano fondamente comprometido coa sua cultura), a Asociación Xarmenta, os concellos de Cacabelos e Vilafranca, o Consello Comarcal do Bierzo, e a Universidade de León, asi como destacados persoeiros de outros territórios da Faixa Leste, como o Eu-Návia, Portelas etc. organizan esta actividade formativa cheia de interese.


Este ano a xornada vai estar centrada dun xeito especial en homenaxear ao grande poeta berziano Fernandez Morales, e en tratar cuestións a ver coa cultura galega e a reforma en andamento do Estatuto da nosa Comunidade autónoma de Castela e León. Fala Ceive, participará na mesa redonda onde se van a expor os problemas das diversas línguas na Comunidade Autónoma de Castela e león


Outra vez, vai ser a ocasión para que muitos mozos e mozas berzianas, que aspiramos a garantir à nosa língua e cultura, o futuro que corresponde e nos pertence, podamos aprofundar en aspeitos da nosa história e cultura, que se nos tenta negar e ocultar

PROGRAMA
Día 27 de outubro. Local: Teatro Faba (Cacabelos)

16:00 h. Entrega de documentación

16:30 h. Inauguración oficial da II Escola Fermín Penzol:
Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universiodade de Vigo
Director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
Alcalde de Cacabelos
Alcalde de Vilafranca
Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta
Conselleira de Cultura do Consello Comarcal do Bierzo


17:00 h. ANXO ANGUEIRA VITURRO
Poeta, narrador e profesor da Universidade de Vigo
“A excepcional obra poética do cacabelense Antonio Fernández Morales”
Apresenta Carme López, profesora de língua galega en Ponferrada.

18:30 h. JOSÉ ANTONIO BALBOA DE PAZ
Historiador, profesor e membro do Instituto de Estudos Bercianos
“Provincialismo e rexionalismo no Bierzo”
Apresenta Xosé Álvarez, profesor de língua galega en Vilafranca do Bierzo.

19:00 h. JOSÉ MARÍA SANROMÁN
Xeógrafo, profesor da Universidade de León e do IES Martaguisela (Valdeorras)
“As interrelacións entre O Bierzo e Valdeorras”
Apresenta Rafael Adán, profesor de língua galega no Barco de Valdeorras.

19:30 h. local: Teatro Vagalume (Carracedelo): “Tres pezas breves”.

Día 28 de outubro local: Teatro Vilafranquino (Vilafranca do Bierzo)

9:30 h. MARISA CELA (Escola de Gaitas de Vilafranca):
A música tradicional no Bierzo e nas Portelas.
Apresenta Anxo Angueira

10:00 h. PAULO NOGUEIRA (Treixadura) e MAGOIA BODEGA (ex-Muxicas):
Didáctica da música popular na escola.
Apresenta Manuel Mañá.


10:30 h. DAVID GONZÁLEZ (Escola de Gaitas “El Acebro” da Caridá, Eo-Navia)
A música tradicional no Eo-Navia.

Apresenta Héctor Silveiro.


11:00 h. PABLO CARPINTERO
A dignificación e modernización da música popular galega.
Apresenta Ana Regueira.

11:45 h. MESA REDONDA: PRESENTE E FUTURO DAS LINGUAS DE CASTELA-LEÓN.
Modera: Gaspar Méndez.
Héctor García Xil. Profesor da Universidade de León especialista en asturleonés.
Ricardo González Saavedra, presidente do Consello Comarcal do Bierzo.
Felipe Lubián, procurador nas cortes de Castela-León.
Xabier Lago, presidente de Fala Ceibe.
Manuel Mañá, presidente de Xarmenta


13:00 h. Homenaxe ao poeta Antonio Fernández Morales no cemiterio de Cacabelos.
Coordena a asociación Xarmenta.


16:00 h. FRANCISCO FERNÁNDEZ REI
Académico da RAG, catedrático da Universidade Compostelá e membro do ILG.
“25 anos de reivindicación lingüística e cultural no Bierzo”.
Apresenta: Héctor Silveiro, académico correspondente da RAG no Bierzo.

17:00 h. Clausura e conclusións da II Escola Fermín Penzol.
17:30 h. Gaiteiros eonaviegos.
18:00 h. Teatro Migallas: “O cantante e as mulleres”.
21:00 h. Magosto da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.

Domingo 29 de outubro de 2006: Excursión cultural.

10:00 h. Visita guiada ás Medulas
14:00 h. V ª edición do “Banquete de Cacabelos”


Organización e inscrición: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Matrícula: Universitarios 10 €, estudantes de bacharelato 5 €, público en xeral 20 €.

Nota: no prezo da inscrición vai incluído o magosto do sábado e a visita ás Médulas. O xantar do domingo non está incluído


FALA VIVA, 23/10/2006
http://www.ciberirmandade.org/falaceive/content/view/61/11/





A Escola Fermín Penzol debatirá no Bierzo sobre a cultura de Galicia, León e Asturias

la voz | vigo

Co obxectivo de promover o achegamento e a cooperación entre Galicia, León e Asturias, a II Escola Fermín Penzol desenvolversae entre os días 27 e 29 de outubroo en Cacabelos e Vilafranca do Bierzo, na provincia de León.

«É un foro no que reflexionar sobre a lingua, superando as fronteiras políticas que separan as tres comunidades e a incomprensión que viven os galegofalantes nestes territorios», afirma Xosé Henrique Costas, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Un dos eixos fundamentais será a reivindicación da figura de Antonio Fernández Moráis, poeta criado en Cacabelos e autor da obra de 1861 Ensaios poéticos en dialecto berziano. O prezo do curso é de 10 euros para os alumnos da Universidade, 20 para o público xeral e 5 para os alumnos de bacharelato.

La Voz de Galicia, 22/10/2006
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5214252





CO OBXECTIVO DE ACHEGAR AS COMUNIDADES GALEGA, ASTURIANA E LEONESA

A segunda escola permanente Fermín Penzol abrirá de contado

Ponse en marcha a segunda escola permanente Fermín Penzol, actividade proposta pola Universidade de Vigo coa colaboración dos concellos de Vilafranca do Bierzo e de Cacabelos para os días 27 a 29 deste mes. Ademais de analizaren a música tradicional, as linguas e o territorio, os estudos desta edición centraranse na figura do poeta berciano Antonio Fernández Morales. Entre outros dos temas que abordarán os ponentes atópase o teatro, xunto coa gastronomías vertebrada nos magostos populares, así como na V edición do Banquete de Cacabelos.


Segundo o director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, a II Escola Permanente Fermín Penzol é "un foro no que reflexionar sobre a lingua superando as fronteiras políticas que separan as tres comunidades e a incomprensión que viven os galegofalantes nestes territorios". Co obxectivo de promover o achegamento e a cooperación entre Galiza, León e Asturias, o curso desenvolverase en Cacabelos e Vilafranca do Bierzo, na provincia de León, o vindeiro fin de semana.

Un dos eixos fundamentais, segundo explican, será a reivindicación da figura de Antonio Fernández Morales, poeta que medrou en Cacabelos e que foi autor da obra de 1861 "Ensaios poéticos en dialecto berziano". Para Costas, "trátase dun poeta que pertence ao sistema literario galego pero que ata agora foi un completo descoñecido na nosa rexión". Ademais deste tema vertebrador, a música galega da man de Paulo Nogueira, Pablo Carpintero ou Magoia Bodega, tamén terá presencia neste encontro. Con ellas misturarase o facer berciano, do que dará conta Marisa Cela, ademais da tradición do Eo-Navia grazas á intervención de David González.

Neste encontro, a lingua gozará dun elevado protagonismo coa asistencia do presidente de Fala Ceibe, Xabier Lago, co académico da RAG, Francisco Fernández Rei, co especialista en asturleonés Héctor García Xil ou co presidente de Xarmenta, Manuel Mañá. A escola contará tamén coa presenza de Felipe Lubián, procurador nas cortes de Castela-León.

O acto inaugural contará coa presenza do vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area; a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; os alcaldes de Cacabelos e Vilafranca, a conselleira de Cultura do Consello Comarcal do Bierzo e o director da Área de Normalización Lingüística, Xosé Henrique Costas. Os organizadores pretenden que se lle dedique o Día das Letras do ano 2011, coincidindo co cento cincuenta aniversario da publicación dos seus ensaios.

No último dos días desta segunda escola permanente Fermín Penzol os asistentes gozarán dunha visita guiada ás Médulas ademais de poder participar na V Edición do Banquete de Cacabelos. Na xornada anterior, aqueles que o desexen poderán tamén asistir a un magosto comandado pola Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.

Para poder participar nestas xornadas, o prezo será de 10 euros para os alumnos da Universidade, mentres que para o público xeral custará 20 euros e 5 será o que deban abonar os alumnos de bacharelato. No custo inclúese un magosto que terá lugar o sábado 28 e unha excursión ás Medulas o domingo 29, pero non o xantar dese mesmo día. Os estudantes da Universidade poden solicitar unha das trinta bolsas de aloxamento que ofrece a organziación, indicándoo na súa inscrición, ademais de poder solicitar os asistentes un certificado de asistencia por un crédito de libre configuración válido para a Universidade de Vigo.

VIEIROS, 23/10/2006
http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=16&id=53352









Por: FdN | The Mole People | Comentarios (1) | Referencias (0)
Llido: 554 veces

Comentarios

XA SON GALEGO-FALANTES, ESO NUN LO NEGARAN.

UN | 27-10-2006 20:53:17

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009