ASTURIANOS d'ASTURIAS n'ASTURIAS
31/10/2006
...has a tirar a quen es»
Pra "presuntos" inocentes, incautos, y xente de búa voluntá en xeneral, recordamos brevemente os orixenes, padres, xestación y parto da escola FERMIN PENZOL:
Cun nome que resulta toda úa declaración d'intenciois, el "Foro Arraianos" formado por diversos intelectuales y personas interesadas na promoción da llingua GALLEGA nos territorios estremeiros do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas, organiza todos os anos diversos actos coincidindo col Día das Lletras gallegas.
El ano pasao, despós dos actos más poéticos y musicales (nun cementerio), foron todos a úa enchentuada a Cacabelos, alló, xuntos os miyores de cada casa (nun faltaba naide) presentan y estásianse cun d'esos mapas que tanto-yes prestan:

El resultao final nesas circunstancias nun pode ser outro, poñeivos nesa situación: despós d'un acto poético nel cementerio, a escitación delantre d'un mapa de TODA a Galicia, úa búa enchentuada, y úa llarga sobremesa ....
Con todo esto nun é d'estrañar, y resulta plenamente xustificable que n'este sobrecoyedor ambente y col espiritu de Breogan pasiando ente tazas, copas y botellas, entren nun "trance" colectivo qu'inevitablemente enxendre a escola FERMIN PENZOL
Con esos padres y ese ambente, ten que cumprirse el refrán da cabeceira, «Ou nas uñas ou nos pes....has a tirar a quen es» .... anque quizás fose más apropiado y popular ese outro dito que diz «fiyo de cabra, .....»
O Foro Arraianos celebra o Día das Letras no Bierzo
O Foro Arraianos, formado por diversos intelectuais e persoas interesadas na promoción da lingua galega nos territorios estremeiros do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas, organizan como todos os anos diversos actos por mor do Día das Letras.
Nesta ocasión, os actos terán lugar este sábado 14 de maio en Cacabelos (O Bierzo):
13:00 h. Recital poético e musical no cemiterio de Cacabelos perante a tumba do poeta berciano Antonio Fernández Morales. Interveñen varios poetas das Redes Escarlata e a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.
14:00 h. No Restaurante Apóstol de Cacabelos: presentación do mapa "Territorios de Lingua Galega". Interveñen Hector Silveiro (académico berciano da RAG), Ramón Pais (autor do mapa) e X.L. Méndez Ferrín.
14:30: IV Banquete de Cacabelos, con presenza de colectivos de defensa da lingua do Bierzo (Fala Ceibe, Xarmenta, Escola de Gaitas de Vilafranca, etc) e doutros territorios galegófonos exteriores.
Na sobremesa debateremos unha serie de iniciativas relacionadas co galego: creación da Escola de Verán "Fermín Penzol", creación dun premio a persoas e entidades que se distingan pola defensa do galego estremeiro, programación de actividades en defensa da lingua (integración no Correlingua, no "Ponte nas Ondas", etc, etc).
VIEIROS; 14/05/2005
http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=16&id=42860
O Eo-Navia, O Bierzo e As Portelas pola lingua
MARÉ
O Foro Arraianos, formado por diversos intelectuais e persoas interesadas na promoción da lingua galega nos territorios estremeiros do Eo-Navia, do Bierzo e das Portelas, organizan como todos os anos diversos actos para celebrar o Día das Letras.
Nesta ocasión, os actos arrincarán hoxe mesmo no concello berciano de Cacabelos cun recital poético e musical no cemiterio de Cacabelos perante a tumba do poeta berciano Antonio Fernández Morales.
Nesta homenaxe ao escritor nado en Cacabelos, coñecido pola súa intensa defensa do galego no Bierzo, intervirán varios poetas das Redes Escarlata e a Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.
Posteriormente no Restaurante Apóstol de Cacabelos presentarase o mapa Territorios de Lingua Galega, coa participación do académico berciano da Real Academia Galega, Hector Silveiro e do autor do mapa, Ramón Pais aos que acompañará o escritor galego Xosé Luis Méndez Ferrín.
A presentación rematará coa celebración do IV Banquete de Cacabelos, con presenza de colectivos de defensa da lingua do Bierzo (Fala Ceibe, Xarmenta, Escola de Gaitas de Vilafranca) e doutros territorios galegófonos exteriores.
Na sobremesa os participantes debaterán unha serie de iniciativas relacionadas co galego, como a creación da Escola de Verán 'Fermín Penzol', a creación dun premio a persoas e entidades que se distingan pola defensa do galego estremeiro, e a programación de actividades en defensa da lingua, como a súa integración no Correlingua ou no 'Ponte nas Ondas'.
Malia que este colectivo de intelectuais entre os que se atopa Anxo Angueira tentou ter rematada para esta data a edición dun libro de poemas en galego, non tiveron ocasión de atopar editorial nin reuniron os suficientes apoios para levar o proxecto adiante. Malia todo, o conxunto de actos celebrados hoxe no Bierzo reafirman o compromiso desta terra co galego.
http://www.galicia-hoxe.com/periodico/20050514/Mare/N60447.asp
http://boards1.melodysoft.com/app?ID=bierzoprovincia&msg=407
DE COMPRAS CON EL POETA PREMIO LITERARIO MARATÓN DE LECTURA O GALEGO NO BIERZO INICIATIVAS A PROL DO IDIOMA
CHUS SÁNCHEZ
Os supermercados da empresa Gadis distribuirán catro millóns de bolsas da compra co poema Lugo , do escritor Lorenzo Varela, inscrito nelas. A iniciativa, que quere sumarse aos numerosos actos de homenaxe ao poeta, foi presentada onte por directivos da compañía.
Eva Moreda, Alberto M. Ramos Ríos, Iria López Teijeiro e Alejandra Pérez Feal foron seleccionados como finalistas do premio Biblos-Pazos de Galicia. O xurado elixirá agora o gañador, que escribirá a súa obra nun ordenador portátil na Casa Grande do Bachao.
O concelleiro compostelá Luís Toxo iniciou en Santiago a maratón de lectura de textos de Lorenzo Varela organizada pola Fundación Iniciativas 21. O acto celebrouse nas principais cidades galegas agás en Ferrol, onde foi cancelado polo suceso de Navantia que custou á vida a catro traballadores.
Fala Ceibe celebrou onte unha serie de actos en Ponferrada (León) para celebrar o Día das Letras Galegas. Fíxose unha homenaxe á revista escolar A coruxa , a primeira en galego no Bierzo. Tamén se proxectou unha curtametraxe, O avó , e se celebrou un recital con poetas galegos e bercianos e un concerto de cantautores.
Baixo a organización do Foro Arraianos, hoxe celébranse as Letras Galegas na localidade leonesa de Cacabelos. Ás 13.00 horas haberá un recital poético e musical no cemiterio, ás 14.00 presentarase o mapa Territorios da lingua galega , para dar paso a un banquete, no que se debatirán diversas iniciativas a prol do galego.
La Voz de Galicia, 14/05/2005
http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=3725652
Biblioteca Galega
«Arraianos», unha das mellores obras de Méndez Ferrín
Foi un dos libros máis recoñecidos nos anos noventa durante os que acadou o recoñecemento da Crítica tanto galega como española. Os críticos falan dunhas páxinas «estremecedoras e vibrantes».
O escritor renovou o seu apoio ós falantes das zonas limítrofes de Galicia no «xantar de Cacabelos»
LUIS DE LA MATA
Desde hai uns vinte anos Ferrín vén participando activamente en xeiras sobre a lingua e cultura galegas de alén da fronteira administrativa oriental de Galicia. Os colectivos galeguistas da terra Eo-Navia, en Asturias, do Bierzo Occidental e As Portelas, en Castela-León, contaron sempre co activo compromiso deste arraiano a vesar sempre nos lindeiros da galeguidade.
Na estrema da pedra ou da forza, tanto en Vilafranca coma en Grandas, con choiva a cachón ou neve ata o xeonllo, Ferrín amosou sempre a súa fraternidade cos falantes da nosa lingua ós que lles negan aínda hoxe a identidade. Arraianos como Sarmiento, Cotarelo, Penzol, Mediante, Lajas e tantos outros, desde Tapia a Hermisende ou desde Castropol ás Ellas pasando por Lubián. Ferrín sempre estivo coa identidade negada, fóra e dentro de Galicia. Con nosoutros.
No limiar das actas dun congreso sobre a lingua e a cultura galegas das comarcas estremeiras, organizado en Celanova en 1989 polo Clube Cultural Adiante, definía esta raia como «unha franxa que desce desde a Serra do Rañadoiro a morrer no Penedo dos Tres Reinos e que, maiormente,
confóndese con toda Galicia pola lingua e a cultura tradicional». Arraianos de dentro e arraianos de fóra. Depende.
Palabras no Bierzo
O pasado 18 de maio, día glorioso en que a RAG recobrou institucionalmente o Bierzo, nun xantar en Cacabelos e perante galegofalantes arraianos de tódalas fronteiras (cos amigos de Cáceres na memoria e no corazón), Ferrín pronunciou un discurso identitarista no que describía simbolicamente tres eixos de resistencia dos nosos arraianos do leste: o oso que inza na devesa de Moelos e percorre gardián a nosa fronteira toda; o botelo que caracteriza gastronomicamente todo o noso leste; e os plurais en "ois" que identifican todo o galego oriental. Así falou Ferrín perante nós e nosoutros, arraianos todos, falounos da defensa da nosa identidade coa forza das nosas razois e a unidade dos nosos corazois, «e de todas as verbas que con elas rimen».
XOSÉ HENRIQUE COSTAS é profesor de Lingua Galega en Vigo
http://www.lavozdegalicia.com/especiales/biblioteca120/noticia.jsp?TEXTO=1111476
Non estou a falar de Carolina Otero, non
Era 18 de maio, e estabamos xantando en Cacabelos. Foi entón cando Ferrín proclamou o deslinde espiritual de Galicia a base de osos, botelos e corazois.
Eilí estabamos case todos os afortunados de non ir xantar con D. Manuel: Toño Ron, Quique Costas, Angueira, Alberte Bautista, Xabier Cid e moitas e moitos máis. Arraianos todos de variadas raias. E tamén estaba ela. A moza de Valga. ¡Non!, non estón falando de Carolina Otero. Iso podería ser hai moitos anos, e do que ando a falar hai tan só unhos meses. E tiña que estar. Era unha data histórica para Galicia. Para toda Galicia (non só para a administrativa). E a súa contribución fora decisiva para facelo posible.
Nos tres anos que precederon a esa data, xuntos reivindicamos a galeguidade por riba das raias administrativas, e a ela aínda lle quedou tempo para reivindicar moitas outras cousas e causas máis.
Para xente coma min, aquela data marcou un punto de inflexión e detivemos, momentaneamente, a maquinaria de guerra. Outros seguen e seguirán furando incansábeis, e ela, Rocío, cambia de tercio, que non de guerra.
Agora, cando o noso país está a piques de perecer afogado por esta 'burla negra', Vieiros demostrou que é un dos poucos medios de comunicación serios e ceibes neste puto país de bocas tapadas polo clientelismo máis servil. E a alma de Vieiros foi ela, Rocío.
Podémoslle botar en cara que nos deixa orfos no peor momento, pero todos sabiamos que era cuestión de tempo.
Non vos preocupedes. Outros saberán continuar a súa obra, e ela seguirá furando outros novos buratos e, como a ela lle gusta dicir, 'facendo país'.
Gaspar Méndez
http://rocio.vieiros.com/gasparmendez.html
TERRITORIO
O primeiro mapa de toda Galicia
O pasado 14 de maio presentouse en Cacabelos un mapa que, por vez primeira, abrangue todos os territorios galegos. "Territorios de Lingua Galega" inclúe, ademais dos territorios da Galicia administrativa, as Terras do Eo-Navia, do Bierzo, de Entre As Portelas e Calabor, e os territorios do Val do Ellas na provincia de Cáceres.
O mapa foi presentado polo seu autor, Ramón Pais Pazos, no transcurso do tradicional banquete que a Comunidade Arraiana celebra en Cacabelos todos os anos, co gallo das Letras Galegas.
Para a confección do mapa, o autor contou coa valiosa colaboración de destacados lingüistas entre os que destacaban varios membros da R.A.G.(Real Academia Galega), representantes do galego estremeiro, así como ca inestimable colaboración da Librería Andel Virtual, de Vigo, que se encarga da distribución.
O mapa estará a venda en librerías e stants ó prezo de 5 euros.
Un artigo de Gaspar Méndez.
VIEIROS, 25/05/2006
http://www.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=16&id=43001

MAPA:
VIEIROS, 25/05/2005
http://mediateca.vieiros.com/vieiros/Locais/
Mapa__Galicia_Hoxe___Vieiros_.jpg
Por: FdN | Documentación | Comentarios (0) | Referencias (0)
Llido: 474 veces